Castela e León
Os inmigrantes que vivan en Castela e León terán o deber de coñecer o castelán
«Os inmigrantes teñen o deber de coñecer a lingua castelá e usala nas súas relacións cos poderes públicos de Castela e León». É o artigo 26 do anteproxecto de Lei de integración dos inmigrantes, promovido polo Executivo autonómico e de aplicación entre as persoas sen cidadanía europea que adquiran «veciñanza administrativa» nesta comunidade.
Fonte: El Norte de Castilla
Máis de 23.000 bercianos utilizan o galego como lingua principal
O galego é a lingua utilizada por 23.500 persoas nacidas no Bierzo e por outras 10.000 asentadas en Ponferrada, tras emigrar desde as vilas da parte oriental de Lugo e Ourense. De feito, o 60 % da poboación maior de 65 anos usa este idioma, mentres que só un 3 % da xente nova o fala.
Fonte: La Voz de Galicia
A Consellería de Educación de Castela e León promove o estudo da lingua portuguesa

O feito de compartir fronteira e de que unha alta porcentaxe dos inmigrantes que residen en Castela e León procedan de Portugal levou a que a Consellería de Educación decidise promover o estudo da lingua portuguesa como segundo idioma estranxeiro no terceiro ciclo de primaria e con opcións de convertela no primeiro.
Fonte: Diario de Burgos
A Junta de Castilla y León regulará a protección, uso e promoción da lingua leonesa
O portavoz de Cultura do grupo socialista nas Cortes de Castela e León, José Ignacio Martín Benito, mostrou a súa satisfacción polo acordo por unanimidade alcanzado para que a Junta de Castilla y León regule a protección, uso e promoción do leonés, en cumprimento do artigo 5.2. do Estatuto de Autonomía da comunidade.
Fonte: Gente
Denuncian a Junta de Castilla y León por incumprir a Carta Europea das Linguas Minoritarias
O Consello de Europa recibiu un completo informe de máis de cen páxinas no que se denuncia o incumprimento total da Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias por parte da Junta de Castilla y León.
Fonte: Diario de León
Mercator publica un documento de traballo sobre o asturleonés
Mercator, unha rede da Comisión Europea, acaba de publicar un documento de traballo que supón o número 25 da súa colección Working Papers Collection. Trátase dun estudo sobre a situación do asturleonés no conxunto do seu dominio lingüístico.
Fonte: Les Noticies
Valladolid abrirá unha Oficina da Lingua destinada aos estudantes de español estranxeiros
Valladolid vai abrir, antes do final do verán, unha Oficina da Lingua destinada a promover a capital de Castela e León como lugar de ensino do idioma español para estudantes estranxeiros.
Fonte: Expreso
A Universidade de Salamanca crea un programa para potenciar o plurilingüismo entre a comunidade universitaria
A Universidade de Salamanca puxo en marcha unha Mesa de Política Lingüística destinada ao fomento da diversidade lingüística e cultural e á potenciación da aprendizaxe de idiomas por parte da comunidade universitaria.
Fonte: ABC
León acolle o Día da Lingua Leonesa para reivindicar o seu uso
Reivindicar o uso do leonés é o obxectivo do V Día da Lingua Leonesa, unha xornada que se celebrou o pasado 19 de xuño no barrio histórico de León, co fin de festexar o orgullo de ter unha lingua propia na rexión de León.
Fonte: Diario de León
O Instituto Castelán e Leonés da Lingua impulsará a plataforma Micastellano.com
O xerente do Instituto Castelán e Leonés da Lingua e o conselleiro delegado de Lingus TV asinaron un convenio de colaboración para impulsar a plataforma Micastellano.com. A través deste acordo, ambas as institucións comprométense a unir forzas en materia de colaboración e desenvolvemento conxunto dun método audiovisual de aprendizaxe do español a través de creacións audiovisuais emitidas a través de internet.
Fonte: Portal TIC
Boletín
Subscríbase ao boletín