Castela e León

A asociación Fala Ceibe trasládalles aos políticos galegos propostas culturais a prol da defensa do idioma no Bierzo

A Asociación cultural Fala Ceibe do Bierzo fai público “un feixe de propostas culturais” a prol da protección do idioma galego na rexión berciana dirixido especialmente aos partidos políticos galegos con motivo das eleccións do 1 de marzo.

Fonte: GZnación

Castela e León

Acusan a Academia da Lingua Asturiana de "expansionismo" no Bierzo

Segundo El Toralín, Asociación Berciana en Defensa da Lingua Leonesa, a Academia da Lingua Asturiana está "expandindo" o asturiano pola comarca leonesa do Bierzo.

Fonte: 20minutos

Castela e León

Máis de 1.000 alumnos de primaria e secundaria aprenden galego como segunda lingua no Bierzo

O uso do galego no Bierzo avanza, pouco a pouco, pero sen pausa. Desde hai xa oito anos, os nenos da comarca leonesa poden estudar o idioma que desde sempre se fala nas súas aldeas.

Fonte: La Opinión

Castela e León

A Asociación Fala Ceibe emite un comunicado para informar dos problemas relacionados co ensino do galego no Bierzo

A Asociación cultural Fala Ceibe do Bierzo emite un comunicado dirixido á cidadanía berciana, á Consellería de Educación da Junta de Castilla y León, ao Valedor do Pobo desta comunidade e aos medios de comunicación para informar dos problemas escolares do ensino da materia de Lingua Galega no Bierzo.

Fonte: O Bierzo Ceibe

Castela e León

O Valedor do Pobo de Castela e León pide protección para o leonés

O Procurador del Común, o equivalente do Valedor do Pobo en Castela e León, acaba de enviarlle á Administración autonómica unha resolución formal instando a lexislar a protección, uso e promoción da lingua leonesa, tal como establece o actual estatuto de autonomía.

Fonte: Diario de León

Castela e León

Os escolares de Castela e León poderán aprender alemán ao comezar primaria

Os escolares de Castela e León poderán aprender alemán desde o primeiro curso de primaria se se atopan matriculados nun dos centros que ofrece esta lingua como segundo idioma, tal e como establece o protocolo de colaboración subscrito por Juan José Mateos, conselleiro de Educación, e Nikky Keilholz-Rühle, directora do Instituto Goethe en Madrid.

Fonte: Salamanca 24 Horas

Castela e León

León celebra o Día da Lingua Leonesa

A Concellería de Cultura Leonesa celebra o 21 de xuño a cuarta edición do Día da Lingua Leonesa, no que se renderá un homenaxe ao leonés, cunha lectura de poemas e coa entrega de diplomas aos que cursaron esta lingua.

Fonte: Diario de León

Castela e León

Nace a Llionpedia, unha enciclopedia virtual en lingua leonesa

A lingua leonesa conta cunha nova ferramenta para a súa difusión e normalización. Naceu a Llionpedia, enciclopedia virtual en lingua leonesa na que os usuarios deste idioma poden ler, editar e ampliar os artigos relacionados coa cultura universal.

Fonte: Leonoticias

Castela e León

A Junta de Castilla y León ofertará o portugués como segunda lingua no terceiro ciclo de primaria

Para o curso 2009-2010 alumnos de educación primaria en Castela e León poderán elixir o portugués como segunda lingua estranxeira, equiparándoo ao francés ou o alemán.

Fonte: Leonoticias

Castela e León

A Llionpedia, enciclopedia virtual en leonés, supera os 5.000 artigos publicados nun mes

Máis de 5.000 artigos, 16.000 edicións, 36 colaboradores rexistrados e 61.000 visitas son as cifras dos primeiros compases de vida da Llionpedia, o punto de referencia da lingua leonesa en internet.

Fonte: Leonoticias

Castela e León

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder