Castela e León
Unha canle televisiva de León estrea un espazo dedicado á lingua leonesa

A canle La 8 León acaba de estrear El llionés, una llengua viva, un espazo televisivo que consta de once episodios de vinte minutos de duración. Neles trataranse diferentes aspectos relacionados co leonés, como as súas características, espazo xeográfico, historia, variedades, toponimia, tradición oral, música, situación legal…
Fonte: La Fueya Cabreiresa
Piden que o Consello Comarcal do Bierzo teña tamén en conta a lingua leonesa no seu regulamento
UPL-Bierzo presentou unha alegación ao novo regulamento do Consello Comarcal do Bierzo en relación coa defensa do leonés neste territorio, para que se teña en conta a diversidade lingüística da comarca.
Fonte: La Nueva Crónica
Piden que o regulamento orgánico do Consello Comarcal do Bierzo recoñeza o galego

Coalición por El Bierzo solicitoulle ao Consello Comarcal que realice un recoñecemento expreso do bilingüismo berciano e lémbralle a esta institución que xa existe no Estatuto de Autonomía e na Lei da comarca unha mención ao respecto e á protección da lingua galega nos lugares onde se fala.
Fonte: León Noticias
Propóñenlle ao Consello Comarcal do Bierzo un recoñecemento do galego como lingua cooficial

O colectivo Fala Ceibe do Bierzo propúxolle ao Consello Comarcal darlle un status de cooficialidade á lingua galega, aproveitando que ten aberto o período de alegacións do seu Regulamento, o que supón unha oportunidade para que se recolla un recoñecemento expreso do bilingüismo berciano.
Fonte: Lugo Xornal
A Deputación de Zamora organiza un obradoiro de verán para achegarlles a lingua portuguesa aos máis pequenos

A Deputación de Zamora organiza este verán obradoiros hispano-portugueses gratuítos para nenas e nenos de entre 7 e 12 anos cos que se pretende realizar unha aproximación á lingua e á cultura portuguesas a través da literatura, a música ou a gastronomía.
Fonte: Noticias CYL
O Bierzo reclama que o Día das Letras Galegas de 2021 se dedique a Fernández Morales
Dende este enclave leonés consideran que a homenaxe a Fernández Morales polo Día das Letras Galegas do vindeiro ano serviría de apoio á promoción do galego na comarca, ademais de saldar unha débeda con este autor berciano.
Fonte: La Nueva Crónica
O centro educativo de Treviño podería incluír a materia de éuscaro

O alcalde de Treviño avanzou que aspira a poder incluír a materia de éuscaro no colexio do municipio e avanzar así na normalización desta lingua no enclave, onde xa levan a cabo outras iniciativas para fomentar o seu uso entre a veciñanza.
Fonte: Diario de Burgos
A lingua galega celebra o seu día grande no Bierzo

Coincidindo co 325º aniversario do ilustre berciano Frei Martín Sarmiento, o Bierzo celebra o seu Día da Lingua Galega. O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou, a canda 1146 estudantes de galego, na celebración do Día do Galego no Bierzo que tivo lugar nas localidades leonesas de Vilafranca, Cacabelos e Corullón.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Fala Ceibe do Bierzo denuncia ante as administracións de Castela e León e Galicia a supresión da TVG na comarca
Dende hai semanas o colectivo recibe queixas denunciando este feito, polo que se dirixen ás administracións competentes para esixir o cumprimento dos pactos acadados nos estatutos de autonomía referentes á presenza e defensa do galego nos territorios limítrofes con Galicia.
Fonte: Info Bierzo
Un documental recolle a riqueza lingüística da zona suroccidental de Asturias e norte de León
O documental 'Al son de la tsingua' recolle a realidade do patsuezu como símbolo identitario e motor da industria cultural da comarca de Laciana, a través do testemuño da veciñanza e de especialistas.
Fonte: León Noticias
Boletín
Subscríbase ao boletín