Castela e León
A Fundación Antonio Pereira, vinculada á Universidade de León, convoca un premio internacional de poesía en lingua galega e española
A Fundación Antonio Pereira convocou Premio Internacional de Poesía Centenario Antonio Pereira, para poemarios escritos en lingua galega ou en lingua española, cando se conmemoran os 100 anos do nacemento deste autor berciano.
Fonte: El Bierzo Digital
O Concello de León e a Asociación Faceira organizan un curso de lingua e cultura leonesas
Este curso de iniciación á lingua e cultura leonesas impartirase en León a partir do 11 de novembro e terá unha duración de 50 horas. Ademais de temas estritamente lingüísticos, trataranse outros aspectos como toponimia, historia, literatura, música etc.
Fonte: León Noticias
A Junta de Castilla y León non inclúe o leonés na súa páxina web
A páxina oficial da Administración autonómica céntrase no castelán e menciona o galego e o éuscaro, pero non fai ningunha referencia á lingua leonesa, malia que, por lei, debería garantir o seu uso e protexela.
Fonte: iLeón
León acolle unhas xornadas nas que se analizarán as diferentes linguas que se falan na Ruta Xacobea
Do 5 ao 9 de setembro celébranse as xornadas «Las lenguas del Camino» que inclúen seis conferencias sobre a historia, a evolución e a situación actual das linguas que se falan por onde discorren as distintas rutas do Camiño de Santiago no norte da península.
Fonte: Gente
O colectivo Fala Ceibe do Bierzo dá a coñecer as súas propostas lingüísticas para o galego
O colectivo cultural Fala Ceibe presentou as súas demandas para enfrontar o afastamento que padecen os falantes do galego estremeiro.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Estréase un documental sobre a lingua galega no Bierzo

O documental Fálame sempre versa sobre a lingua galega no territorio do Bierzo e está dirixido por Umberto Corral. Trátase dun proxecto colectivo elaborado por un equipo pequeno que se desprazou por varias localidades da zona para coñecer a súa situación lingüística.
Fonte: El Bierzo Digital
Un estudo analiza a situación sociolingüística do enclave burgalés de Treviño

Os concellos de La Puebla de Arganzón e o de Condado de Treviño, xunto á viceconsellería de Política Lingüística do Goberno vasco, están a realizar un estudo sobre a situación e a evolución sociolingüística neste territorio.
Fonte: Noticias de Álava
O Condado de Treviño aspira a que na súa escola pública se poida impartir éuscaro como unha materia máis
Ante o cambio de goberno na Junta de Castela e León, o Condado de Treviño está pendente da actualización do marco de colaboración co País Vasco, no que se regulan aspectos como a educación ou o fomento do éuscaro, pois neste enclave aspiran a se que imparta a lingua vasca como unha materia máis.
Fonte: Cadena SER
Convócase o III Premio Morales para a promoción da lingua galega no Bierzo e en Sanabria/A Seabra

O Premio Morales ten catro categorías: debuxo inspirado no poema ‘A Santísima Virgen da Quinta Angustia’ (para infantil e primaria), peza literaria relacionada coa mesma obra (categorías diferenciadas para alumnado de secundaria e bacharelato ou da Escola Oficial de Idiomas e maiores de idade) e proposta de normalización lingüística centrada no Bierzo (público xeral).
Fonte: Consello da Cultura Galega
O Centro Galicia en Ponferrada convoca unha nova edición do seu certame literario en galego

A VII edición do Certame Literario en Galego terá como temática o Camiño de Santiago e conta con tres categorías: infantil (ata 14 anos), xuvenil (entre 14 e 18 anos) e adulta (a partir de 18).
Fonte: La Nueva Crónica
Boletín
Subscríbase ao boletín