Castela e León

Conmemórase o Día do Galego no Bierzo

Ao abeiro desta conmemoración, celébranse as XVI Xornadas Martín Sarmiento e preséntase o primeiro Dicionario do Galego do Bierzo. Así mesmo, farase entrega do IV Premio Antonio Fernández Morales.

Fonte: Consello da Cultura Galega

Castela e León

Propoñen unha reforma da Lei da comarca do Bierzo na que se introduza o recoñecemento do galego

O colectivo Fala Ceibe do Bierzo proporá unha reforma da Lei da comarca do Bierzo na que se introduza un recoñecemento parcial do galego no que respecta ao seu uso administrativo, así como a creación dun servizo lingüístico que fomente o seu emprego nos entes locais.

Fonte: La Nueva Crónica

Castela e León

Publícase un dicionario do galego da comarca do Bierzo

Sara Rodríguez Fernández é a autora do Dicionario do galego do Bierzo, un volume que recolle o léxico da comarca. Inclúe 15 000 palabras coas súas definicións e as súas variantes.  

Fonte: La Nueva Crónica

Castela e León

A Universidade de León realiza actuacións de protección e promoción do leonés

A Universidade de León recibirá unha subvención de 70 000 euros da Junta de Castela e León para financiar actuacións de protección, uso e promoción do leonés como patrimonio lingüístico da comunidade autónoma.

Fonte: iLeón

Castela e León

Denuncian a falta de profesorado de galego en tres institutos da comarca do Bierzo

O representante da Real Academia Galega para o Bierzo denunciou a falta de profesorado de galego nos centros Europa e Virgen de la Encina de Ponferrada, e o Bergidum Flavium de Cacabelos.  

Fonte: El Bierzo Digital

Castela e León

Demándanlle á Deputación de León que lle ceda ao Consello Comarcal a promoción do galego no Bierzo

O colectivo Fala Ceibe do Bierzo solicita a delegación parcial para o Consello Comarcal da materia cultural no relativo á defensa e á promoción do galego nesta comarca, ante o temor de que se ignore o apoio institucional a esta lingua.  

Fonte: Diario de León

Castela e León

O Concello do Condado de Treviño estuda adiantar a idade de estudo do éuscaro

A edil responsable de Educación, Éuscaro, Benestar Social e Igualdade intentará no futuro que a Junta de Castela e León permita a aprendizaxe do éuscaro antes de sexto de primaria para evitar a marcha de alumnado ao País Vasco.

Fonte: Diario de Burgos

Castela e León

A Xunta de Galicia propón oficializar unha toponimia bilingüe castelán-galego en municipios do Bierzo

O secretario xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia propón oficializar unha toponimia bilingüe que afectaría a nomes como Villafranca del Bierzo-Vilafranca do Bierzo.

Fonte: León Noticias

Castela e León

O éuscaro aséntase como a segunda lingua máis demandada na Escola de Idiomas de Miranda

As demandas laborais do País Vasco está levando a moitas persoas de Miranda a estudar o éuscaro. Por este motivo, a lingua vasca estase a asentar como o segundo idioma máis demandado da Escola de Idiomas desta localidade burgalesa.

Fonte: Diario de Burgos

Castela e León

A Xunta de Galicia traballa para facer oficiais os topónimos en galego no Bierzo e Sanabria

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, explicou que a Xunta está a traballar pola oficialidade dos topónimos en galego no Bierzo e Sanabria, de maneira que sexa normativamente correcto utilizar nomes como Toural dos Vaos ou Vilafranca do Bierzo.

Fonte: Galicia Confidencial

Castela e León

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder