Castela e León
A xustiza anula o Plan do éuscaro do Condado de Treviño
Un xulgado de Burgos anulou o Plan do éuscaro do Condado de Treviño, despois da impugnación da Junta de Castela e León, por considerar que non existe base legal para a súa declaración como lingua oficial desta comunidade ao non aparecer recollida no Estatuto de Autonomía.
Fonte: Diario de Burgos
A Xunta leva o galego por cuarto ano consecutivo ao festival ponferradino Villar de los Mundos
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, asistiu á presentación do festival ponferradino Villar de los Mundos, que enfoca a súa IX edición, a cuarta na que colabora a Xunta, na Comunidade galega e no Ano Xacobeo.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Castrocalbón recupera a toponimia tradicional e coloca placas coa ortografía asturleonesa en rúas, prazas e camiños
O Concello de Castrocalbón, en Castela e León, puxo en marcha un proxecto para recuperar a toponimia urbana polo que colocará placas en rúas, prazas e camiños coa ortografía asturleonesa.
Fonte: iLeón
A Universidade de Salamanca participa nun proxecto para fomentar o uso das linguas indíxenas africanas no ensino superior de Suráfrica

A Universidade de Salamanca, en colaboración con outras sete institucións europeas e africanas de ensino superior, participa no proxecto BAQONDE que ten como obxectivo impulsar o uso das linguas indíxenas africanas no ámbito universitario de Suráfrica.
Fonte: Salamanca 24 Horas
As deputacións de Burgos e Áraba colaboran para promocionar o éuscaro no enclave de Treviño
As deputacións de Burgos e Áraba renovan os seus convenios de colaboración para atender as necesidades das persoas que viven no enclave de Treviño coa inclusión do éuscaro para o impulso do seu uso.
Fonte: COPE
A Deputación de León convoca dous premios literarios en leonés e galego

A Deputación de León organiza un concurso literario en leonés, que levará o nome de Caitano Bardón, e apoia o concurso literario en galego Morales, xa existente. Coa convocatoria búscase traballar pola protección das linguas minoritarias que se falan na comunidade, de acordo co Estatuto de autonomía de Castela e León.
Fonte: El Bierzo Digital
O Consello de Europa pide o recoñecemento do leonés no sistema educativo de Castela e León
No seu último informe sobre o cumprimento da Carta Europea das Linguas Rexionais e Minoritarias, o Consello de Europa afirma que é necesario incluír o leonés na educación, xa que se atopa nunha situación vulnerable debido á falta de promoción desta lingua por parte das institucións correspondentes.
Fonte: Zamora News
O pleno municipal de La Puebla de Arganzón redactará un novo plan de uso do éuscaro
O alcalde de La Puebla de Arganzón, Pablo Ortiz de Latiorro, explicou que o novo plan se realizará de acordo coa vontade de seguir promovendo o coñecemento e o uso do éuscaro.
Fonte: El Correo
O Goberno vasco subvencionará ao 100 % os estudos de éuscaro para os habitantes de Treviño
O cambio de criterio do Goberno vasco para 2021 permitirá que se subvencionen ao 100 % os estudos de éuscaro para as persoas de Treviño, xa que eliminou o requisito do empadroamento no seu territorio para optar ao máximo da axuda.
Fonte: Diario de Burgos
Convócase a terceira edición do Premio Morales para a promoción do galego no Bierzo e Sanabria

O Premio Morales para a promoción da lingua galega no Bierzo e Sanabria ten como obxectivo divulgar a obra do escritor Antonio Fernández Morales entre o alumnado de galego desta área de Castela e León.
Fonte: InfoBierzo
Boletín
Subscríbase ao boletín