Cataluña
A patronal de micro, pequenas e medianas empresas de Cataluña dá a coñecer proxectos de fomento do catalán nas empresas
A patronal de micro, pequenas e medianas empresas de Cataluña organizou un concurso para dar a coñecer as mellores iniciativas empresariais que teñen como obxectivo o fomento da lingua catalá.
Fonte: Generalitat de Cataluña
A Generalitat de Cataluña convoca un galardón para premiar as iniciativas de fomento da lingua de signos catalá
A Generalitat de Cataluña publicou a orde de creación do premio LSC de fomento da lingua de signos catalá, que recoñecerá os esforzos por promover esta lingua.
Fonte: Generalitat de Cataluña
Impúlsanse varias iniciativas para fomentar a lingua catalá nas empresas
O Departamento de Cultura da Generalitat de Cataluña presentou as novas iniciativas pertencentes á campaña “Catalán e empresa, xa estás ao día?”, que buscan aumentar o uso desta lingua no sector empresarial.
Fonte: Generalitat de Cataluña
A rexión catalá de Alto Campo convoca unha nova edición do seu Premio á Normalización Lingüística
O Premio á Normalización Lingüística pretende favorecer o uso do catalán no ámbito socioeconómico na zona.
Fonte: Generalitat de Cataluña
A Generalitat de Cataluña denuncia nun informe todas as ofensas do Goberno español á lingua catalá
A Generalitat de Cataluña publicou en liña un informe que recolle todas as ofensas do Goberno español cara á lingua catalá que violan a Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias.
Fonte: Generalitat de Cataluña
Varias grandes empresas evitan utilizar o catalán nos seus produtos e servizos
As empresas Nestlé, Banco Santander, Danone e Coca Cola (entre outras) néganse a utilizar o catalán nos seus produtos e servizos, para o cal se basean en 340 disposicións legais.
Fonte: El Confidencial Digital
Xa está aberto o prazo de participación no Concurscat, o concurso de lingua e cultura catalás
O Conscurcat é un concurso de lingua e cultura catalás organizado polo Centro de Normalización Lingüística de Osona e que ten lugar en liña. Está aberto a todo o mundo e consistirá en responder a varias preguntas ao longo das semanas nas que terá lugar.
Fonte: Generalitat de Cataluña
A cifra de libros en catalán vendidos no Día de San Jordi supera a dos escritos en castelán
As vendas de libros escritos en catalán superaron as da literatura en castelán na celebración do Día de San Jordi en Cataluña. En concreto, o 53,59 % dos libros vendidos eran en catalán, fronte ao 46,41 % en castelán.
Fonte: e-notícies
A lingua catalá aumentou o número de falantes nos últimos dez anos
Un novo informe destaca o aumento de falantes de catalán nos últimos dez anos. De feito, esta lingua conta agora con 1,4 millóns de falantes máis.
Fonte: Radio Intereconomía
O TERMCAT publica un novo dicionario en catalán sobre terminoloxías das ciencias da saúde
O TERMCAT publicou un novo dicionario en liña sobre terminoloxía das ciencias da saúde. Este novo dicionario en catalán é un compendio doutros doce dicionarios anteriores sobre ciencias médicas e farmacolóxicas.
Fonte: Generalitat de Cataluña
Boletín
Subscríbase ao boletín