Cataluña
O 10 % dos abonados de CANAL + en Cataluña emprega o servizo de subtítulos en catalán
O 10 % dos abonados a CANAL + en Cataluña usa o servizo de subtítulos en catalán, froito dun acordo cuxa finalidade é aumentar a oferta de cine con subtítulos nesta lingua.
Fonte: Generalitat de Cataluña
O inglés é, por primeira vez, a segunda lingua á que máis se traduce a literatura catalá
O inglés desbancou por primeira vez en 2014 ao francés como segunda lingua á que máis se traduce a literatura catalá, despois do español.
Fonte: La Vanguardia
O Centro de Normalización Lingüística de Barcelona celebra os seus vinte e cinco anos de existencia
O Centro de Normalización Lingüística de Barcelona celebra ter ensinado catalán a medio millón de persoas á vez que cumpre o seu vinte e cinco aniversario.
Fonte: ABC
A nova Lei de réxime especial de Arán consolida o status do aranés
O Parlamento de Cataluña aprobou a Lei de réxime especial de Arán, que consolida esta lingua e as institucións que a estudan.
Fonte: Generalitat de Cataluña
O dominio .cat creceu a maior ritmo que o dominio .es en 2014
En 2014, o número de páxinas do dominio .cat aumentou nun 17 %, mentres que as páxinas .es só aumentaron nun 3,46 %.
Fonte: Economía Digital
Os cataláns outórgalle á política lingüística da Generalitat a maior puntuación nunha enquisa sobre políticas públicas
Nunha enquisa realizada polo Centro de Estudos de Opinión, os cidadáns cataláns consideran a política lingüística da Generalitat como a mellor das levadas a cabo polo goberno catalán.
Fonte: Generalitat de Cataluña
O dicionario normativo do valenciano terá aplicación para móbiles
A Academia Valenciana da Lingua lanzará a aplicación para móbiles do dicionario normativo da lingua valenciana.
Fonte: Levante-emv
Lanzan un novo portal para axudar ás compañías multinacionais a respectar a normativa lingüística catalá
A ferramenta Business in Catalan está destinada ao mercado internacional e pretende dar a coñecer o alcance da lingua catalá e as leis que a regulan.
Fonte: Generalitat de Cataluña
O buscador Optimot, da Dirección Xeral de Política Lingüística de Cataluña, estrea perfil en Twitter
O buscador Optimot, un servizo da Dirección Xeral de Política Lingüística de Cataluña que ofrece información sobre cuestións lingüísticas ademais de atención personalizada, estrea perfil en Twitter.
Fonte: Generalitat de Cataluña
Unha aplicación en catalán loitará por converterse na mellor aplicación do ano
A aplicación en catalán Cookboth foi unas das 16 seleccionadas en todo o mundo para loitar por converterse na mellor aplicación do ano nos premios Mobile Premier Awards.
Fonte: Generalitat de Cataluña
Boletín
Subscríbase ao boletín