Cataluña
O Voluntariado pola Lingua contou con máis de 10 000 parellas lingüísticas en 2014
O programa Voluntariado pola Lingua da Generalitat de Cataluña ten por obxectivo permitirlles ás persoas que o desexen practicar a lingua catalá en contextos reais. No ano 2014, contou con 10 189 parellas lingüísticas.
Fonte: Generalitat de Cataluña
A Generalitat de Cataluña asina un acordo para fomentar o catalán no ámbito da Xustiza
A Generalitat de Cataluña asinou un acordo cos colexios xurídicos do ámbito da Xustiza para continuar co fomento da lingua catalá neste eido.
Fonte: Generalitat de Cataluña
O catalán non poderá ser lingua de uso preferente nas Deputacións de Girona e Lleida
O Tribunal Supremo avalou a decisión do Tribunal Superior de Xustiza de Cataluña de non considerar o catalán como lingua de uso preferente nas Deputacións provinciais de Girona e Lleida tal e como establecían os seus regulamentos.
Fonte: El Periódico
Un acordo entre a Generalitat e a Deputación de Barcelona promoverá o catalán nas empresas
O Departamento de Cultura do Goberno catalán e a Deputación de Barcelona asinaron un acordo para fomentar o catalán, especialmente nas empresas, que consistirá en 1125 horas de formación nos centros de promoción económica locais.
Fonte: Generalitat de Cataluña
En 2014 normalizáronse case 400 palabras en catalán
Durante 2014, o Centro de Terminoloxía do Catalán, TERMCAT, normalizou case 400 termos nun total de 16 sesións que contaron coa presenza de expertos en diferentes campos.
Fonte: Generalitat de Cataluña
Presentan un novo dicionario de física en catalán
O TERMCAT, a Universidade Politécnica de Cataluña e a Enciclopedia Catalá presentaron o novo dicionario de física en catalán realizado conxuntamente polas tres institucións. No dicionario recóllense máis de 3000 termos desta área do coñecemento.
Fonte: Generalitat de Cataluña
As probas de acceso á avogacía en Cataluña realizáronse en castelán
Os candidatos á avogacía en Cataluña realizaron as probas de acceso en castelán debido á negativa do Goberno español de organizar estas probas nas linguas cooficiais a pesar da petición da avogacía catalá.
Fonte: Generalitat de Cataluña
Entréganse os premios do Primeiro Concurso de Fomento da Lingua de Signos Catalá
O Departamento de Cultura da Generalitat de Cataluña entregou os premios do Primeiro Concurso de Fomento da Lingua de Signos Catalá, que recaeron no profesor Juan Frigola Masclans, a escola barcelonesa Tres Pins e a televisión dixital Webvisual TV.
Fonte: La Vanguardia
Crean un novo premio de novela en catalán para descubrir novos autores nesta lingua
A editorial Anagrama creou un novo premio de novela en catalán para descubrir novos autores nesta lingua, xa que desde que comezou a publicar títulos en catalán, estes só foran traducións doutras linguas.
Fonte: El Periódico
Máis de 400 negocios comerciais uníronse á campaña “E ti, xogas en catalán?”
A campaña de promoción da lingua catalá “E ti, xogas en catalán?”, do Consorcio pola Normalización Lingüística, conta xa con 407 negocios adheridos, aínda que se espera que este número incremente de cara ao Nadal, cando a campaña acade o seu momento máis importante.
Fonte: Generalitat de Cataluña
Boletín
Subscríbase ao boletín