Cataluña
Os internautas cataláns elixen como idioma principal o castelán cando empregan buscadores na rede
Os internautas cataláns elixen como idioma principal o castelán cando empregan os buscadores da rede (Google, Yahoo, Bing, etc.). Concretamente, un 57,5 % fai buscas en internet nesta lingua, mentres que un 36,8 % opta polo catalán e un 2,6 % decántase polo inglés.
Fonte: Nuevas Tecnologías
A Fundación puntoCAT impulsa a campaña ‘Navega en catalán’ para aumentar a presenza do catalán na rede
A Fundación puntoCAT puxo en marcha a campaña “Navega en catalán”, que nace coa vontade de sensibilizar os internautas para que naveguen en catalán por internet e así contribuír a aumentar a demanda de contido nesta lingua. A campaña ten o apoio de Softcatalà e da Dirección Xeral de Política Lingüística do Departamento de Cultura.
Fonte: Generalitat de Cataluña
Unha web recolle as 270 linguas utilizadas nos territorios de fala catalá
A Plataforma pola Lingua presentou ‘El Mapa de les Llengües’ (O Mapa das Linguas), unha web que recolle a procedencia e información sobre as 270 linguas que se falan nos territorios de fala catalá.
Fonte: El Periódico
Celébrase en Cataluña a Noite das Revistas e a Prensa en Catalán
A Asociación de Publicacións Periódicas en Catalán (APPEC), a Asociación Catalá de Prensa Comarcal (ACPC) e a Asociación Catalá de Prensa Gratuíta (ACPG) celebraron a Noite das Revistas e a Prensa en Catalán.
Fonte: Generalitat de Cataluña
O Teatro Nacional de Cataluña comprométese a producir un 80 % da programación en catalán
O Teatro Nacional de Cataluña e o Departamento de Cultura da Generalitat de Cataluña asinaron un contrato-programa que dispón que o 80 % da programación de cada tempada teña un selo 100 % catalán. Segundo este documento, o acordo prevé unha serie de obxectivos estratéxicos relacionados coa creación, a difusión e o acceso á cultura.
Fonte: El Diario
A Generalitat pide o ingreso de Cataluña na Francofonía, a organización de países de lingua francesa
Artur Mas remitiulle unha carta ao presidente da Organización Internacional da Franconfonía (OIF), o senegalés Abdou Diouf, na que solicita formalmente a adhesión de Cataluña á OIF, a organización que agrupa os países francófonos.
Fonte: Periodista Digital
O catalán será unha nova lingua de ditado dos sistemas operativos de Apple
Apple fixo público que incorpora 24 novas linguas de ditado nos seus sistemas operativos, entre as que estará o catalán. O anuncio farase público durante a presentación dos novos sistemas operativos de Apple, iOS 8 e OS X 10.10 Yosemiti, no marco do Congreso Mundial de Desenvolvedores de Apple.
Fonte: Generalitat de Cataluña
Telefónica comprométese a apoiar o audiovisual catalán
O director xeral de Telefónica en Cataluña, Kim Faura, mostrou o compromiso da compañía para facilitar contidos audiovisuais en catalán, pero expresou o seu desacordo co proxecto da Generalitat para aplicarlles aos operadores de telecomunicacións unha taxa para financiar o cine en catalán.
Fonte: La Vanguardia
Decenas de miles de persoas defenden en Barcelona unha escola en catalán
A manifestación, convocada pola plataforma Somescola.cat, que aglutina 38 entidades cívicas e educativas, reclamaba un modelo de escola que non segregue os alumnos por razón de lingua e que garanta o coñecemento do catalán e o castelán.
Fonte: 20 Minutos
Crecen un 18 % o número de entidades de fomento da lingua catalá
O número de entidades de fomento da lingua catalá creceu un 18 % respecto a 2013 e, segundo o censo do departamento de Cultura feito público, actualmente hai 142 asociacións e fundacións inscritas.
Fonte: La Vanguardia
Boletín
Subscríbase ao boletín