Cataluña
Un total de 142 asociacións integra o Censo de entidades de fomento da lingua catalá 2014
Este ano 142 asociacións e fundacións forman parte do Censo de entidades de fomento da lingua catalá. En total incorporáronse 25 entidades novas, cun crecemento do 18 % respecto a 2013. Destas 142 entidades, 82 pertencen ao ámbito cultural, 17 ao fomento da lingua, 11 en integración social, 7 xuventude e ocio, 11 a organizacións empresariais e sindicatos, ademais do ámbito do deporte, a formación, os colexios profesionais e as novas tecnoloxías.
Fonte: Generalitat de Cataluña
O xogo dos 300 feitos de lingua distribúese a través da prensa comarcal catalá
A Dirección Xeral de Política Lingüística distribuirá o xogo 300 feitos de lingua, a través dos medios da Asociación Catalá de Prensa Comarcal (ACPC) mediante un concurso promocional. Esta iniciativa, que se enmarca nos actos dos Tricentenario dos feitos de 1714, ten por obxectivo ampliar o coñecemento da cidadanía sobre os acontecementos, positivos e negativos, que afectaron á lingua catalá ao longo da historia.
Fonte: Generalitat de Cataluña
O programa de Voluntariado pola Lingua xerou 10 208 parellas en 2013
O programa de Voluntariado pola Lingua, impulsado pola Dirección Xeral de Política Lingüística do Departamento de Cultura da Generalitat, xerou 10 208 parellas lingüísticas entre as 11 836 persoas que participaron, das que 5102 (o 43 %) o fixeron como voluntarios e 6734 como aprendices.
Fonte: La Vanguardia
O Departamento de Cultura colabora coa Universidade Catalá de Verán en actividades de fomento do catalán e o occitano
O Departamento de Cultura colabora un ano máis coa Universidade Catalá de Verán (UCE) na organización de diversas actividades que se desenvolverán durante a súa 46a edición.
Fonte: Generalitat de Catalunya
Uns 30 000 universitarios usan unha aplicación da Generalitat con guías de conversa en nove idiomas
Uns 30 000 universitarios utilizan a aplicación móbil da Secretaría de Universidades e Investigación da Generalitat para facilitar guías de conversa universitaria aos estudantes en nove idiomas.
Fonte: Europa Press
A Cámara de Comercio de Barcelona axuda ás empresas a superar as súas lagoas lingüísticas
Vinte pemes catalás participan desde hai seis meses no Servizo de Asesoramento Lingüístico a Empresas Exportadoras (SALE) da Cámara de Comercio de Barcelona, unha proba piloto pioneira en España. O balance desta primeira experiencia permite concluír que cada ano miles de empresas europeas desaproveitan negocios e perden contratos por falta de maiores competencias lingüísticas e capacidades interculturais.
Fonte: La Vanguardia
A Generalitat destina 400 000 euros a La Bressola, a rede de garderías que utilizan o catalán no Roussillon
A consellería de Presidencia da Generalitat destinou 400 000 euros a La Bressola, a rede de garderías que utilizan o catalán no Roussillon (Francia). Tamén se destinaron 70 000 euros á Obra Cultural Balear –en concepto de actividades de promoción da lingua catalá- e outros 110 000 euros á Fundación Escola Valenciana, pola “promoción do valenciano no ensino e o uso social”.
Fonte: La Información
Elixen o tema “Som”, do grupo Cybee, como a canción do verán de 2014 en catalán
Tras máis dun mes de votacións, os usuarios de LaVanguardia.com escolleron o tema Som de Cybee como canción do verán 2014 en catalán. A enquisa rexistrou un total de 22 850 votos de entre os que 9010 foron para o tema vencedor.
Fonte: La Vanguardia
Xa está aberta a inscrición para a II Noite da Lingua no Mundo Dixital organizada pola Generalitat de Cataluña
A II Noite da Lingua no Mundo Dixital está organizada pola Dirección Xeral de Política Lingüística do Departamento de Cultura coa colaboración de Amical Wikimedia. O acto manterá o formato de Viquimaratón (acción intensiva de edición da Viquipedia) e nesta ocasión centrarase na historia da lingua catalá a partir dos contidos das “300 festas de lingua”, unha iniciativa da Dirección Xeral de Política Lingüística que ten por obxectivo divulgar de forma lúdica as 300 festas máis relevantes da historia do catalán.
Fonte: Genera
A Generalitat de Cataluña destina 609 000 euros a promover o catalán en Xapón e Ecuador
A Generalitat de Cataluña destina ao ano 20 millóns de euros para fomentar “a identidade catalá”, dos que 609 000 son para promover a lingua catalá en Xapón e Ecuador. Este labor lévase a cabo a través dos “casais” ou “comunidades catalás” no estranxeiro.
Fonte: La Información
Boletín
Subscríbase ao boletín