Cataluña
O Censo de fomento da lingua catalá duplica os seus membros en dous anos
As fundacións ou asociacións inscritas no Censo de fomento da lingua catalá dobraron o seu número en apenas dous anos, tras lograrse este 2013 un incremento do 39,5 % con respecto ao curso pasado.
Fonte: ABC
A información sobre os equipamentos de lingua xa está dispoñible no buscador da Generalitat de Cataluña
O buscador de equipamentos da Generalitat incorporou recentemente os equipamentos de lingua, concretamente os centros de normalización lingüística e as oficinas de catalán en que se organiza territorialmente o Consorcio pola Normalización Lingüística.
Fonte: Generalitat de Cataluña
O Departamento de Cultura da Generalitat de Cataluña apoia os cursos de catalán na Universidade de Verán
A XLV Universidade Catalá de Verán terá lugar do 16 ao 23 de agosto de 2013 e contará cun amplo programa que inclúe disciplinas diversas, como as ciencias da saúde, a economía, o dereito ou a historia. A área da lingua terá un papel destacado, xa que se ofrecen diferentes cursos con apoio da Dirección Xeral de Política Lingüística do Departamento de Cultura.
Fonte: Generalitat de Cataluña
A Universidade Rovira i Virgili e a Universidade de Xirona son as que ofrecen máis clases en catalán
A Universidade Rovira i Virigili e a Universidade de Xirona lideran a clasificación de centros universitarios nos que máis clases se dan en catalán, co 94,3 % e o 93 % da súa docencia neste idioma, respectivamente, no curso 2011-2012. Así o recolle un informe da Xarxa Vives de Universitats, que tamén indica que as universidades catalás concentran a maior porcentaxe de clases neste idioma.
Fonte: Europa Press
A edición de libros en catalán descende un 3,7 % entre 2007 e 2011
O presidente da Asociación de Editores en Lingua Catalá, Jordi Ferré, aseverou que entre os anos 2007 e 2011 se editaron un 3,7 por cento menos de libros en catalán, mentres que no mesmo período houbo un incremento en castelán do 18,6 por cento, de 55 a 65 000 títulos.
Fonte: La Vanguardia
O TERMCAT publica a primeira entrega do ‘Dicionario de circo’
O Diccionari de circ (acrobàcia, aeris i equilibrisme), Dicionario de circo (acrobacia, aéreos e equilíbresmos), pon ao alcance dos usuarios unha selección de termos dos Diccionari de circ (Dicionario de circo), que elabora o TERMCAT co apoio do Departamento de Cultura da Generalitat de Cataluña e a colaboración da Asociación de Profesionais do Circo de Cataluña.
Fonte: Generalitat de Cataluña
O 81 % dos cataláns defende a inmersión lingüística fronte ao intento de diluíla
O apoio xeneralizado dos cataláns ao modelo vixente de inmersión lingüística, que acada ao 80,7 % dos consultados. É unha das principais conclusións da enquisa de Feedback para La Vanguardia.
Fonte: La Vanguardia
O Parlamento de Cataluña avala unha proposta para esixir o catalán na Xustiza
O Parlamento catalán aprobou proseguir o trámite dunha iniciativa para presentar ao Congreso dos Deputados unha modificación lexislativa para que o catalán sexa requisito obrigatorio na Administración de Xustiza en Cataluña.
Fonte: La Vanguardia
Un hospital de Barcelona ofrece atención médica en lingua de signos para os seus pacientes con xordeira
O Hospital Sant Rafael de Barcelona deu un paso na mellora da atención de persoas xordas e incluíu no seu cadro de persoal unha auxiliar clínica con formación en lingua de signos que acompaña os pacientes con discapacidade auditiva durante toda a súa estancia no centro.
Fonte: ABC
Amplían as Guías de conversa universitaria para os estudantes de mobilidade internacional
Os Servizos Lingüísticos da Universidade de Barcelona, co apoio da Secretaría de Universidades e Investigación do Departamento de Economía e Coñecemento da Generalitat de Cataluña, ampliaron as Guías de conversa universitaria, unha ferramenta interactiva para axudar tanto aos estudantes acabados de chegar a Cataluña coma aos estudantes cataláns que se marchen a unha universidade estranxeira.
Fonte: Generalitat de Catalunya
Boletín
Subscríbase ao boletín