Cataluña
Plataforma pola Lingua denuncia nun vídeo a situación excepcional que vive o catalán na Unión Europea
A Plataforma pola Lingua e a Fundación Vincle contan nun vídeo a situación excepcional que vive o catalán dentro da Unión Europea. O vídeo, feito a raíz da entrada de Croacia o pasado luns 1 de xullo, como membro número 28 da Unión Europea, denuncia a situación que vive actualmente o catalán e compáraa con outras linguas cun número de falantes similar e incluso menor que si son oficiais na Unión.
Fonte: El Periódico
O Goberno de Cataluña reforzará o estudo da terceira lingua nos institutos
O Departamento de Educación activará o próximo curso en institutos, de forma piloto, o Plan de Acción para o Plurilingüismo Efectivo do alumnado, co obxectivo de reforzar a lingua estranxeira entre os estudantes cataláns.
Fonte: El Mundo
Comisións Obreiras e a Dirección de Política Lingüística de Cataluña fomentan o uso do catalán no ámbito laboral
Esta colaboración inscríbese no Plan de Fomento de uso do catalán no sector laboral que a Dirección Xeral de Política Lingüística leva a cabo con diversas organizacións deste ámbito.
Fonte: Generalitat de Cataluña
O Fútbol Club Barcelona obriga os seus canteiráns a aprenderen catalán por contrato desde os dez anos
O Fútbol Club Barcelona obriga por contrato os seus canteiráns que non falan catalán a aprenderen o idioma, a través de clases particulares financiadas polo propio club. Os mozos futbolistas de La Masia tamén deben acudir a actos organizados polo club ou sobre a cultura catalá, para potenciar a súa integración.
Fonte: El Confidencial Digital
Unha campaña da Plataforma pola Lingua quere dar a coñecer o catalán aos turistas
A Plataforma pola Lingua impulsou a campaña "I love catalán. Lévate o catalán de vacacións" co obxectivo de dar a coñecer o catalán por todo o mundo a través dos turistas para transmitir a idea de que é unha “lingua de acollida, chea de vitalidade e integradora”.
Fonte: EL Diario.es
As escolas catalás deberán impartir materias en inglés en 2018
En cinco anos, todas as escolas e institutos públicos e concertados cataláns deberán impartir algunha materia ou parte de varias en inglés. Este é un dos puntos do plan polo plurilingüismo que a conselleira catalá de Educación, Irene Rigau, presentou e que se comezará a aplicar o próximo curso.
Fonte: El País
O Parlamento catalán rexeita dúas proposicións de lei para que o castelán sexa lingua vehicular
O Parlamento catalán rexeitou dúas proposicións de lei que buscaban modificar a Lei de Educación de Cataluña (LEC) para que o castelán tamén sexa lingua vehicular nas escolas desta comunidade.
Fonte: Finanzas
O Centro de Terminoloxía de Cataluña presenta a colección completa de dicionarios terminolóxicos cartográficos
Impulsada polo Instituto Cartográfico de Cataluña, recolle máis de 10 000 termos en catalán, con equivalentes en castelán e inglés, en catro volumes dedicados á cartografía xeral, a fotogrametría, os sistemas de información xeográfica e a teledetección, que estiveron revisadas polo TERMCAT e editados pola Enciclopedia Catalá e o mencionado Instituto.
Fonte: Generalitat de Cataluña
A Generalitat de Cataluña asina cinco acordos para que o catalán sexa lingua vehicular na Xustiza
O conselleiro de Xustiza da Generalitat de Cataluña, Germà Gordó, e o de Cultura, Ferran Mascarell, asinaron ata cinco acordos marco cos principais colexios profesionais do mundo do dereito para fomentar que o catalán sexa a lingua vehicular da Administración de Xustiza.
Fonte: El Mundo
O Departamento catalán de Cultura destina 60 000 euros a proxectos universitarios que fomenten o catalán
O Departamento de Cultura, a través da Dirección Xeral de Política Lingüística, dedica 60 000 euros a proxectos universitarios de fomento da lingua catalá, concretamente a proxectos de autoaprendizaxe da lingua catalá dirixidos ao profesorado, ao persoal da administración e o servizos e aos estudantes, no marco de Interlingua 2013, promovido pola Axencia de Xestión de Axudas e de Investigación.
Fonte: Generalitat de Cataluña
Boletín
Subscríbase ao boletín