Cataluña

Un xulgado de Barcelona denega a un avogado o dereito de utilizar o catalán

O xulgado social de Barcelona número 11 denegou a petición do avogado Miguel Prats de utilizar o catalán nun procedemento xudicial, acolléndose á lei que permite elixir o idioma en que este se tramita.

Fonte: Vila Web

Cataluña

O 97,1 % dos cataláns comprende o catalán, unha "lingua viva" con tendencia á alza

O 97,1 % da poboación adulta residente en Cataluña maior de 14 anos entende o catalán –fronte ao 95,2 % de 2011-, mentres que un 84,3 % o sabe falar -73,2 % en 2011-, e o 70,1 % o sabe escribir -55,8 % en 2011-, uns datos que revelan unha tendencia á alza nos diversos ámbitos de coñecemento que fan do catalán unha “lingua viva”, segundo se desprende do ‘Informe de política lingüística de 2012’.

Fonte: La Información

Cataluña

O Departamento de Cultura apoia proxectos de entidades e empresas que promoven o uso do catalán

O Departamento de Cultura, a través da Dirección Xeral de Política Lingüística, apoiou 66 proxectos de entidades e 14 proxectos de empresas que promoven o uso da lingua catalá en Cataluña.

Fonte: Generalitat de Cataluña

Cataluña

A Dirección Xeral de Política Lingüística ofrécelle formación de catalán ao persoal da Axencia Tributaria estatal

A Dirección Xeral de Política Lingüística do Departamento de Cultura da Generalitat de Cataluña, en colaboración co Consorcio pola Normalización Lingüística, ofrece cursos de catalán ao persoal da Axencia Estatal de Administración Tributaria a través da contorna de aprendizaxe Parla.cat.

Fonte: Generalitat de Cataluña

Cataluña

O Supremo ratifica que o castelán pode ser lingua vehicular en Cataluña

O Tribunal Supremo volveu avalar o uso do castelán como lingua vehicular na educación en Cataluña. Neste caso, débese ao recurso dos pais dunha nena de educación infantil que estudaba nun colexio concertado e para a que os seus proxenitores reclamaron o uso da súa “lingua habitual”.

Fonte: El País

Cataluña

Máis de 177 comercios adheríronse á campaña “E ti, xogas en catalán?”

Máis de 177 establecementos comerciais adheríronse á campaña “E ti, xogas en catalán?”, impulsada polo Consorcio para a Normalización Lingüística, adscrito ao Departamentos de Cultura da Generalitat de Cataluña, aínda que o número definitivo de comercios participantes non se coñecerá ata finais de decembro. O obxectivo da campaña é dar a coñecer e facilitar a oferta de xogos en catalán e fomentar o seu uso entre os cidadáns.

Fonte: Generalitat de Cataluña

Cataluña

O Fútbol Club Barcelona estreará unha versión do seu himno en lingua de signos

Esta iniciativa permitirá que persoas con discapacidade auditiva poidan compartir co resto de espectadores o himno que habitualmente acompaña os xogadores do Barça e do seu rival na súa saída ao terreo de xogo. É unha medida máis dentro do proxecto iniciado polo club barcelonista de achegamento dos seus contidos audiovisuais a persoas con discapacidades auditivas e visuais.

Fonte: Sport

Cataluña

O Departamento de Cultura recolle toda a programación de cine en catalán nunha nova páxina web

O Departamento de Cultura abriu un novo portal de cine en catalán que permite consultar toda a oferta dispoñible, tanto para quen fai produción propia en lingua catalá como as películas dobradas e subtituladas. Ademais de destacar as últimas películas estreadas, permite acceder á programación tanto por películas como por cines, localidades ou comarcas.

Fonte: Generalitat de Cataluña

Cataluña

Presentan o concurso de microvídeos “Agasalla o catalán en 6 segundos” para promover a lingua catalá

A Dirección Xeral de Política Lingüística do Departamento de Cultura puxo en funcionamento o concurso “Agasalla o catalán en 6 segundos”, unha nova iniciativa destinada especialmente á xuventude para promover o uso do catalán nas redes sociais, no traballo, nas relación sociais...

Fonte: Generalitat de Cataluña

Cataluña

Inician unha campaña para animar a que as persoas usuarias configuren os móbiles e outros aparellos electrónicos en catalán

A Dirección Xeral de Política Lingüística do Departamento de Cultura lanza a campaña “Vols que el teu móbil parli com tu?” (Queres que o teu móbil fale coma ti?), unha iniciativa para animar os usuarios de ordenadores, móbiles e tabletas dixitais a configuralos en catalán, seguindo unhas simples instrucións.

Fonte: Generalitat de Cataluña

Cataluña

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder