Cataluña
Amplían as Guías de conversa universitaria para os estudantes de mobilidade internacional
Os Servizos Lingüísticos da Universidade de Barcelona, co apoio da Secretaría de Universidades e Investigación do Departamento de Economía e Coñecemento da Generalitat de Cataluña, ampliaron as Guías de conversa universitaria, unha ferramenta interactiva para axudar tanto aos estudantes acabados de chegar a Cataluña coma aos estudantes cataláns que se marchen a unha universidade estranxeira.
Fonte: Generalitat de Catalunya
O Departamento de Cultura de Cataluña pon en marcha un novo programa que reforzará a aprendizaxe e uso do catalán entre adultos
O Departamento de Cultura, a través da Dirección Xeral de Política Lingüística, coa colaboración do Consorcio pola Normalización Lingüística, presentou o programa Llegiu i parleu que ten como obxectivo favorecer a conversa en catalán a partir da lectura de textos.
Fonte: Generalitat de Cataluña
Organizan en Reus unha campaña para promover o uso do catalán no comercio
O Centro comercial El Pallol, de Reus, acollerá a xincana “Joc de llengües” (Xogo de linguas), unha actividade lúdica co obxectivo de promover o uso da lingua catalá como ferramenta de relación no ámbito do comercio.
Fonte: Generalitat de Catalunya
Cataluña requirirá o coñecemento da lingua e a cultura catalás para obter o certificado de arraigamento
Cataluña consolidará o sistema propio de certificados de primeira acollida para inmigrantes que solicitan o arraigamento, unha distinción que require o coñecemento da lingua e a cultura catalás para a súa obtención.
Fonte: La Vanguardia
O Consello da Avogacía Catalá solicita que o catalán sexa un requisito para o persoal de Xustiza en Cataluña
O Consello da Avogacía Catalá, que representa os catorce Colexios de Avogados de Cataluña, explicou que se dirixirá a todos os partidos políticos cataláns para pedirlles que impulsen unha modificación da Lei orgánica do poder xudicial, para que o coñecemento do catalán sexa considerado un ‘requisito', e non só un ‘mérito', para exercer na Administración de Xustiza de Cataluña.
Fonte: Diario Jurídico
Os universitarios cataláns deberán aprobar un exame común de inglés para graduarse
Os universitarios cataláns que empezaran a súa carreira no curso 2013-14 deberán aprobar un exame de inglés -ou unha terceira lingua estranxeira- para obter o título ao finalizar o grao, segundo o artigo 181 da coñecida Lei de acompañamento dos orzamentos, que será aprobada polo Goberno de Cataluña.
Fonte: El Mundo
A Wikipedia en catalán recibe cada vez máis consultas
O catalán ocupa a 15 posición en número de artigos na Wikipedia. A edición en catalán da enciclopedia conseguiu o recoñecemento de Wikipedia perfecta, grazas ao feito de que recolle mil artigos con contido de notable calidade.
Fonte: Generalitat de Cataluña
O Observatorio da Lingua Catalá presenta o VI Informe sobre a situación do catalán
Encargado por Òmnium Cultural e a Plataforma pola Lingua, o documento elaborado pola Xarxa Cruscat do Instituto de Estudos Cataláns analiza a evolución da situación sociolingüística e o marco xurídico do catalán durante o ano 2012.
Fonte: Xarxa Cruscat
O número de persoas que fala catalán supera por primeira vez os 10 millóns
O número de persoas que fala catalán supera por primeira vez os 10 millóns, o que supón un 72,4 % da poboación da comunidade lingüística, segundo o VI informe sobre a situación da lingua catalá, con datos de 2012.
Fonte: Diario de Mallorca
Comezan as I Xornadas de Dinamización: metodoloxías, experiencias e adaptación a novos escenarios
A presidenta do Consorcio pola Normalización Lingüística e directora xeral de Política Lingüística inaugurou as I Xornadas de Dinamización: metodoloxías, experiencias e adaptación a novos escenarios.
Fonte: Generalitat de Catalunya
Boletín
Subscríbase ao boletín