Cataluña
Lanzan unha aplicación para cambiar a conduta lingüística e eliminar prexuízos con respecto ao catalán
Edi.cat desenvolveu catro aplicacións en catalán de diferentes temáticas para dispositivos Apple e Android. “Saír do armario lingüístico” é unha guía práctica que dá consellos lóxicos e realizables sobre como se pode mellorar a conduta lingüística, eliminar prexuízos, aprender a vivir en catalán sen traumas e contribuír ao avance social da lingua.
Fonte: Generalitar de Catalunya
Catalán e castelán úsanse como linguas habituais case ao 50 % en Cataluña
Os cataláns utilizan como linguas propias habituais o catalán e o castelán nunha proporción de case o 50 por cento (42,1 e 42,4 %, respectivamente) mentres que hai un 14 % que as usan por igual, segundo unha enquisa do CIS.
Fonte: El Diario
O 80 % da poboación de Cataluña fala catalán e o 65 % escríbeo, segundo o último Informe de política lingüística
O informe mostra que o 80,5 % da poboación adulta sabe falar catalán, o 65 % escríbeo e un 65 % leo. Tamén indica que se mantén a porcentaxe de persoas que teñen o catalán como lingua inicial, que se incrementan os que a teñen como lingua de identificación, que aumentan as persoas que a consideran como lingua de uso habitual e que crece o uso do catalán cos amigos.
Fonte: Generalitat de Catalunya
O Goberno catalán demandará o uso do catalán en todos os trámites xudiciais nos que interveña a Generalitat
O Consello Executivo acordou que sexa obrigatorio o uso do catalán en todos os trámites dos procesos xudiciais dos tribunais de Cataluña nos que interveña a Generalitat ou as entidades do seu sector público. Desta forma, o Executivo pretende aumentar e normalizar o uso desta lingua nun ámbito que continúa a ser minoritario.
Fonte: Generalitat de Catalunya
O TERMCAT publica a terminoloxía do automobilismo e a Fórmula 1
Con motivo do Gran Premio de Fórmula 1 no Circuíto de Cataluña, o TERMCAT publicou en liña o Diccionari d’automobilisme que recolle máis de 200 termos relevantes deste deporte de motor e ofrece tamén a consulta dunha corentena de termos seleccionados no tríptico Termes de la Fórmula 1. Tanto o dicionario como o tríptico presentan as denominacións e a definición en catalán e os equivalentes en castelán, francés e inglés.
Fonte: Generalitat de Catalunya
As obras literarias traducidas do catalán a outras linguas redúcense un 24,5 %
Cada vez tradúcense menos libros do catalán a outras linguas. Esta é a conclusión extraída dos datos ofrecidos polo Instituto Ramon Llull (IRL), organismo público controlado directamente pola Generalitat de Cataluña.
Fonte: La Voz de Barcelona
A conselleira de Educación de Cataluña asegura que case un 13 % dos centros cataláns usa o castelán coma lingua vehicular
A titular de ensino do Goberno de Cataluña deu por primeira vez a cifra de escolas que usan o castelán como lingua vehicular, un 13 %, aínda que non aclarou a proporción de materias que se imparten nesta lingua.
Fonte: ABC
Mozos latinos residentes en Barcelona crean unha nova lingua, o lati-español
Un equipo de investigadores da Universidade Autónoma de Barcelona identificou unha nova forma de falar entre os adolescentes de orixe latinoamericana, que combina palabras de diferentes variantes do español de Latinoamérica con outras en catalán e castelán que falan en Barcelona.
Fonte: La Tercera
As escolas da comarca catalá do Bages contan contos coa lingua de signos
O Consello Comarcal do Bages puxo en marcha unha iniciativa para facer chegar contos en lingua de signos de diferentes escolas da comarca.
Fonte: La Vanguardia
O 78 % de alumnos ten o castelán e o catalán como lingua materna
Máis do 75 % dos alumnos do terceiro ciclo de educación primaria das escolas públicas catalás teñen o castelán e o catalán como lingua materna, como o fixeron constar as familias nas solicitudes de matriculación.
Fonte: Europa Press
Boletín
Subscríbase ao boletín