Cataluña
Crean Correcte, un innovador sistema de corrección lingüística en liña
A empresa Aadimatiq creou o sistema de corrección en liña dirixido principalmente ás redes sociais e aos blogs, que permite corrixir textos en catalán con calidade profesional en poucos minutos. O proxecto, que ten a comodidade dos sistemas automáticos e a garantía do traballo directo de profesionais, obtivo o apoio da Dirección Xeral de Política Lingüística do Departamento de Cultura.
Fonte: Generalitat de Catalunya
Nace unha plataforma para financiar proxectos que traballen pola lingua e a cultura catalás
A Xarxa Dixital Catalá (Xadica) creou unha plataforma de financiamento, ao estilo da popular Verkami, que recadará fondos para proxectos que potencian a lingua e a cultura catalás, entre outros obxectivos.
Fonte: Generalitat de Catalunya
Propoñen introducir na Lei de educación de Cataluña o bilingüismo nas escolas
O PP de Cataluña rexistrou unha proposición de lei no Parlamento para modificar a Lei de educación de Cataluña e que se garanta que o castelán e o catalán sexan vehiculares nas escolas catalás, apelando ás últimas sentenzas do Tribunal Constitucional, do Supremo e do Superior de Xustiza de Cataluña.
Fonte: El Mundo
Baixan a 17 as peticións en Cataluña para escolarizar alumnos en castelán
A Generalitat recibiu un total de 17 solicitudes de familias catalás para pedir a escolarización dos seus fillos en castelán durante este curso nos centros públicos (ata o 30 de xaneiro de 2013), mentres que durante todo o curso 2011-12 as peticións ascenderon a 106.
Fonte: Granada Digital
Os universitarios cataláns deberán coñecer unha terceira lingua ao acabar os seus estudos

Os universitarios cataláns deberán demostrar un nivel suficiente de coñecementos dunha terceira lingua ao finalizar os seus estudos a partir do próximo curso 2013-2014.
Fonte: La Vanguardia
O Tribunal Superior de Xustiza de Cataluña obriga a que a clase sexa en castelán se un só alumno o solicita
O Tribunal Superior de Xustiza de Cataluña confirmou en dez autos xudiciais que a Administración catalá deberá impartir ensino bilingüe -en castelán e catalán- nos centros escolares onde algunha das familias así o solicitara.
Fonte: La Vanguardia
A asociación Convivencia Cívica Catalá asegura que hai 1031 solicitudes para recibir ensino bilingüe en Cataluña
A asociación Convivencia Cívica Catalá asegurou que se presentaron 1031 solicitudes nas escolas catalás para recibir ensino bilingüe –aínda que non precisaron cantas peticións foron durante este curso escolar- e que 19 familias acudiron aos tribunais.
Fonte: La Vanguardia
Un concurso en liña fomentará o uso do catalán entre a xente nova
O Departamento de Cultura convoca un concurso de lemas para fomentar o uso do catalán entre os mozos, especialmente nas redes sociais.
Fonte: Generalitat de Catalunya
O Instituto Cervantes aposta por ampliar a promoción da lingua e a cultura catalás
O secretario xeral do Instituto Cervantes, Rafael Rodríguez, amosouse disposto a “identificar novas formas de colaboración” coas institucións catalás para levar a cabo actividades de promoción da lingua e a cultura catalás.
Fonte: Europa Press
Propoñen que autores e lectores leven un lazo en defensa do catalán o día de Sant Jordi
As entidades que impulsan a campaña "Enllaçats per la llengua" (Enlazados pola lingua) propuxeron que os autores e lectores leven o día de Sant Jordi un lazo coas cores da bandeira de Cataluña en defensa do catalán.
Fonte: ABC
Boletín
Subscríbase ao boletín