Cataluña
O Centro de Normalización Lingüística de Sabadell aumenta os alumnos interesados en aprender catalán
O interese por aprender catalán crece en Sabadell, como indica o éxito dos cursos organizados polo Centro de Normalización Lingüística de Sabadell (CNL).
Fonte: El Periódico
O Constitucional anula a norma que multa os comercios por non rotular en catalán
O Tribunal Constitucional declarou nulo un artigo dunha norma catalá sobre consumo do que derivaban as sancións a comerciantes por non rotular os seus establecementos na lingua autonómica.
Fonte: La Verdad
O Instituto de Cultura de Barcelona promoverá a cultura e a lingua aranesas na Cidade Condal
O Instituto de Cultura de Barcelona (ICUB) asinou un convenio marco de colaboración co Consello Xeral de Arán para promover a cultura e a lingua aranesa na capital catalá.
Fonte: ABC
O Goberno de Cataluña aproba o decreto de creación do Consello Social da Lingua de Signos Catalá
O Goberno aprobou o decreto de creación do Consello Social da Lingua de Signos Catalá, o órgano de asesoramento, consulta e participación social na política lingüística do Goberno en relación coa lingua de signos catalá.
Fonte: Generalitat de Catalunya
A Fundación Joan Miró e o Consorcio pola Normalización Lingüística promoverán o uso social do catalán
A presidenta do Consorcio para a Normalización Lingüística e a directora da Fundación Miró van asinar un convenio de colaboración que ten o obxectivo de promover e difundir a lingua, a historia e a cultura catalás entre a poboación, especialmente entre a mocidade.
Fonte: Generalitat de Catalunya
O catalán é a lingua dominante na Wikipedia no conxunto do Estado español
A presenza do catalán na Wikipedia, a enciclopedia libre, duplica a do castelán no Estado español, segundo un estudo de Mark Graham, investigador da Universidade de Oxford.
Fonte: Generalitat de Catalunya
O novo sistema operativo Windows 8 inclúe o catalán como lingua de base
O novo sistema operativo Windows 8 inclúe o catalán como lingua de base desde o primeiro día en todos os equipos que se vendan en España, segundo explicou o director de servizo público de Microsoft Ibérica, Carles Grau.
Fonte: Finanzas
Un selo identificará as entidades que fomenten o uso do catalán
A Dirección Xeral de Política Lingüística do Departamento de Cultura creou unha identificación gráfica para as entidades que formen parte do censo de entidades que fomenten a lingua catalá para aplicala, se queren, nos seus produtos e servizos.
Fonte: Generalitat de Cataluña
Unha web recolle a primeira gramática da lingua de signos catalá
O Instituto de Estudos Cataláns e a Federación de Persoas Xordas de Cataluña crearon unha páxina web que recollerá todos os recursos lingüísticos sobre a lingua de signos catalá, entre os que destaca a primeira gramática.
Fonte: ABC
Lanzan a primeira web en catalán de ofertas e compras en grupo por cupóns
Un grupo de mozos emprendedores lanzou a primeira web de ofertas e compras en grupo por cupóns en catalán, bautizada como “Catoferta.cat” e que xa se atopa activa en internet.
Fonte: Finanzas
Boletín
Subscríbase ao boletín