Cataluña
Os partidos cataláns e a sociedade civil de Cataluña manifestan o seu apoio á inmersión lingüística
Os partidos políticos cataláns –salvo o PP- e membros da Plataforma Somescola.cat –con representantes da sociedade civil- manifestaron o seu apoio á inmersión lingüística nas escolas catalás.
Fonte: La Información
O Tribunal Superior de Xustiza de Cataluña delibera se hai que incluír o español como lingua vehicular nos colexios
O Tribunal Superior de Xustiza de Cataluña (TSXC) empezou a deliberar sobre se as escolas catalás deben incluír o castelán como lingua vehicular xunto co catalán.
Fonte: El Periódico
As escolas de Cataluña manterán o catalán como lingua vehicular do ensino
As escolas de Cataluña manterán o catalán como lingua vehicular do ensino. O Tribunal Superior de Xustiza de Cataluña salvou o modelo de inmersión lingüística excepto para casos particulares que pidan educación en castelán.
Fonte: Diario Siglo XXI
O Parlamento catalán insta a Generalitat a fomentar a etiquetaxe en catalán e aplicar sancións
O Parlamento catalán aprobou unha moción de Solidariedade Catalá pola Independencia (SI) que insta o Goberno catalán a "cumprir e facer cumprir" a Lei do código de consumo de Cataluña, especialmente os artigos que falan dos dereitos dos consumidores á etiquetaxe en catalán.
Fonte: Europa Press
Cataluña esixirá nocións de catalán aos inmigrantes para obter o informe de estranxeiría
O arraigo dos inmigrantes valorarase en función de se o solicitante “coñece suficientemente a sociedade catalá e ten as competencias comunicativas básicas nas linguas oficiais de Cataluña e se participou en servizos de acollida ou na rede asociativa”.
Fonte: ABC
Desenvolven un programa que “catalaniza” os sistemas de Microsoft Windows
A asociación Softcatalà presentou en Barcelona o programa “Catalanizador” para os sistemas de Microsoft Windows, que permite de forma sinxela cambiar a súa configuración para poder utilizar o catalán como lingua principal nestes contornos informáticos.
Fonte: Finanzas
A Generalitat de Catalunya potencia o catalán e o inglés entre o profesorado universitario
A Generalitat convocou unha partida de 726 400 euros para fomentar o uso das terceiras linguas, especialmente o inglés, entre o persoal docente das universidades públicas e privadas, no marco do programa Interlingua.
Fonte: La Razón
Unha gardería barcelonesa ensínalles aos nenos a lingua chinesa
O chinés é, sen dúbida, un dos idiomas do futuro grazas ao crecemento económico do xigante asiático. Na gardería Hamelin Vila Olímpica sábeno e desde hai dous meses ensínanllelo aos seus alumnos.
Fonte: 20 minutos
O Tribunal Supremo ditamina que o catalán deixe de ser lingua preferente no Concello de Barcelona
O Tribunal Supremo confirma a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Cataluña que tumba sete artigos do regulamento de uso do catalán no consistorio barcelonés.
Fonte: La Vanguardia
Máis de 600 persoas piden liberdade lingüística e educación bilingüe nas escolas catalás
Máis de 600 persoas asistiron a un acto a favor da liberdade lingüística e o ensino bilingüe en centros educativos cataláns, que contou co apoio de diversas asociacións.
Fonte: Europa Press
Boletín
Subscríbase ao boletín