Cataluña

Propoñen a creación dunha asociación de profesores de catalán para estranxeiros

O ex-director do Instituto Cervantes en Dublín, José Antonio Sierra, pretende presentar unha asociación de profesores de catalán para estranxeiros ou como lingua estranxeira para así resaltar a importancia da lingua catalá tanto en España como a nivel internacional.

Fonte: Salamanca 24 horas

Cataluña

A Plataforma pola Lingua lanza un xogo en liña sobre o catalán

A Plataforma pola Lingua lanzou o Catavolta 2.0, un xogo dixital con preguntas sobre a lingua catalá e a súa situación social e legal. Pódese participar a través da web da entidade e tamén desde Facebook.

Fonte: Gencat

Cataluña

Aumenta a demanda para estudar alemán nas escolas de idiomas de Cataluña

Segundo os datos do Departamento de Educación, inscribíronse máis de 17 000 persoas para facer alemán, 5000 máis que o ano pasado, para pouco máis de 8000 prazas dispoñibles. O incremento medio é do 30 %, aínda que hai centros nos que se chegou ata un 50 % máis de preinscritos.

Fonte: La Vanguardia

Cataluña

Cataluña e o Concello francés de Tolosa cooperan para fomentar a lingua e a cultura occitanas

O Departamento de Cultura de Cataluña, o concello de Tolosa e a federación de entidades culturais Converxencia Occitana manterán unha reunión para estudar as posibles liñas de actuación para fomentar a lingua e a cultura occitanas, que se formalizará nun futuro convenio de colaboración permanente.

Fonte: Generalitat de Catalunya

Cataluña

O Goberno catalán promove proxectos empresariais que impulsen o uso do catalán

Por primeira vez este ano, a Generalitat de Cataluña convocou unha liña específica de subvencións, dotada con 200 000 euros, dirixida a iniciativas de empresas que promovan o uso da lingua catalá.

Fonte: Generalitat de Catalunya

Cataluña

A Generalitat de Catalunya inicia unha campaña para conseguir máis espectadores nas salas con versión en catalán dos filmes

"T'agradarà sentir-la en català" é a frase que acompañará as películas que se estreen dobradas en catalán co apoio da Dirección Xeral de Política Lingüística do Departamento de Cultura. O obxectivo é conseguir máis presenza de espectadores nas salas onde se emiten versións catalás dos filmes.

Fonte: Generalitat de Catalunya

Cataluña

A Confederación de Persoas Xordas lamenta que non se garantan intérpretes de lingua de signos catalá nas aulas

A Confederación Estatal de Persoas Xordas (CNSE) lamenta que o Parlamento de Cataluña rexeitase a proposta de Resolución 64, que instaba a Generalitat a garantir ao alumnado xordo a presenza de intérpretes de lingua de signos catalá (LSC) con dedicación plena en todos os niveis educativos obrigatorios e postobrigatorios.

Fonte: La Información

Cataluña

O Centro de Normalización Lingüística de Sabadell aumenta os alumnos interesados en aprender catalán

O interese por aprender catalán crece en Sabadell, como indica o éxito dos cursos organizados polo Centro de Normalización Lingüística de Sabadell (CNL).

Fonte: El Periódico

Cataluña

O Constitucional anula a norma que multa os comercios por non rotular en catalán

O Tribunal Constitucional declarou nulo un artigo dunha norma catalá sobre consumo do que derivaban as sancións a comerciantes por non rotular os seus establecementos na lingua autonómica.

Fonte: La Verdad

Cataluña

O Instituto de Cultura de Barcelona promoverá a cultura e a lingua aranesas na Cidade Condal

O Instituto de Cultura de Barcelona (ICUB) asinou un convenio marco de colaboración co Consello Xeral de Arán para promover a cultura e a lingua aranesa na capital catalá.

Fonte: ABC

Cataluña

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder