Cataluña

No último ano quintuplicáronse os espectadores de cine dobrado en catalán

Os espectadores de cine dobrado en catalán multiplicáronse por cinco en Cataluña durante o último ano debido á maior oferta nas salas catalás.

Fonte: Europa Press

Cataluña

Máis de 400 persoas participan nun mural humano en defensa do catalán

Máis de 400 persoas de todas as idades participaron na realización dun mural humano no que se podía ler “El catalá, llengua comuna” (O catalán, lingua común) para reivindicar o uso desta lingua como elemento de inclusión e cohesión social.

Fonte: ABC

Cataluña

Xesús Vázquez Abad enxalza a figura de Valentín Paz-Andrade nun encontro coa Asociación de Empresarios Galegos de Cataluña

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, participou nun encontro coa Asociación de Empresarios Galegos en Cataluña (AEGA-CAT).

Fonte: Xunta de Galicia

Cataluña

Un 9,9 % da poboación castelanfalante de Cataluña adopta o catalán coma lingua principal ao longo da súa vida

Un 9,9 % da poboación inicialmente castelanfalante de Cataluña adopta o catalán como lingua principal ao longo da súa vida, segundo un estudo sociolingüístico que revela tamén que un 74,5 % da poboación consume como mínimo un medio de comunicación en catalán.

Fonte: ABC

Cataluña

O Goberno catalán dará bolsas ata 80 futuros profesores para que aprendan inglés

A conselleira de Ensino da Generalitat de Cataluña anunciou que dará bolsas a un máximo de 80 alumnos do grao de Educación Primaria da Universidade Autónoma de Barcelona (UAB) para a aprendizaxe de inglés.

Fonte: Europa Press

Cataluña

O Goberno catalán e o Consello Xeral de Arán crean o Consello de Política Lingüística do Aranés Occitano

A vicepresidenta do Goberno catalán e titular do Departamento de Gobernación e Relacións Institucionais, Joana Ortega, e o valedor do Pobo de Arán, Carlos Barrera, presidiron a segunda comisión bilateral celebrada desde a constitución do novo Consello Xeral de Arán, na que se creou o Consello de Política Lingüística do Aranés Occitano.

Fonte: Gencat

Cataluña

A Generalitat de Catalunya asina un convenio co Concello de Rodés (Occitania) para fomentar a lingua e a cultura occitanas

O Departamento de Cultura da Generalitat de Catalunya anunciou a sinatura dun convenio marco de colaboración co Concello de Rodés (Mediodía-Pireneos) que permitirá cooperar mutuamente en relación cos actos, manifestacións culturais e calquera outra actividade destinada ao fomento da lingua occitana, xa sexa en Cataluña ou en Rodés.

Fonte: Generalitat de Catalunya

Cataluña

Segundo o estudo Ofercat, Olot é a cidade de Cataluña con máis oferta en catalán e Santa Coloma a que ten menos

Olot é a cidade de Cataluña cunha maior oferta en catalán, cun índice de oitenta puntos sobre cen, mentres que Santa Coloma de Gramenet é a que ten menos, aínda que supera os 51 puntos, segundo o estudo Ofercat.

Fonte: ABC

Cataluña

Catro sentenzas obrigan o Goberno catalán a escolarizar en castelán a catro nenos

As sentenzas consideran que as catro familias demandantes teñen dereito a que os seus fillos reciban a educación tamén en castelán, polo que a Administración ten que adoptar as medidas necesarias para garantilo e basea a súa decisión nas sentenzas do Tribunal Supremo sobre a materia.

Fonte: La Razón

Cataluña

A valedora do Pobo de Barcelona só recibiu dez queixas desde 2006 pola lingua usada no Concello

A síndica de Greuges (valedora do Pobo) de Barcelona, María Assumpció Vilá, informou de que desde 2006 recibira só dez reclamacións polo uso do catalán ou o castelán no Concello, o que “amosa que non supón un problema” na relación entre o consistorio e os cidadáns.

Fonte: Europa Press

Cataluña

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder