Cataluña

A Generalitat de Cataluña organiza unha exposición para celebrar os 30 anos de campañas de promoción do catalán

“Avancem amb el català. 30 anys treballant per la llengua” (Avancemos co catalán, 30 anos traballando pola lingua) é o título da exposición conmemorativa dos 30 anos de campañas de promoción do uso do catalán que se poderá visitar no Palau Robert entre o 29 de novembro de 2012 e o 8 de xaneiro de 2013.

Fonte: Generalitat de Catalunya

Cataluña

A Plataforma pola Lingua lanza unha campaña que invita os cidadáns a gravar en vídeo as súas razóns para falar catalán

A ONG do catalán creou unha campaña para colocar a situación da lingua no debate público e denunciar os constantes ataques que recibe o catalán desde hai un tempo e que obstaculizan o proceso de normalización.

Fonte: Generalitat de Cataluña

Cataluña

As consellerías catalás de Cultura e Xustiza renovan a colaboración co Consello do Colexio de Avogados para fomentar o catalán

O conselleiro de Cultura en funcións, a conselleira de Xustiza en funcións, o presidente da Oficina de Apoio ás Iniciativas Culturais e o presidente do Consello do Colexio de Avogados de Cataluña asinaron un acordo para fomentar o uso, a difusión e o coñecemento do catalán entre os avogados.

Fonte: Generalitat de Catalunya

Cataluña

O Tribunal Superior de Xustiza de Cataluña ratifica o catalán como lingua vehicular do ensino

O Tribunal Superior de Xustiza de Cataluña ratificou o catalán como lingua “vehicular do ensino, administrativa e de comunicación utilizada normalmente” nas actividades dos centros escolares.

Fonte: El Periódico

Cataluña

As universidades catalás farán unha proba común de acceso en catalán

O Goberno e os reitores das universidades catalás póñense de acordo para evitar que os estudantes accedan á carreira sen competencias na lingua propia.

Fonte: El Punt Avui

Cataluña

Lanzan unha campaña para potenciar o xoguete en catalán, presente no 6 % do mercado

O Centro de Normalización Lingüística de Barcelona lanzou a campaña de Nadal ‘I tu jugues en català?’ (E ti, xogas en catalán?), unha iniciativa para fomentar o uso do catalán no sector do xoguete, xa que este idioma está presente só no 6 % das embalaxes.

Fonte: Qué!

Cataluña

A Generalitat de Cataluña regula o catalán nas garderías

A Generalitat de Cataluña anuncia que regulará, a través dunha disposición, o uso da lingua catalá nas garderías co fin de conseguir que os rapaces entre 0 e 3 anos cheguen á etapa curricular co «catalán como lingua de aprendizaxe e comunicación».

Fonte: ABC

Cataluña

O catalán segue crecendo e achégase aos 10 millóns de falantes

Esta é unha das afirmacións que se inclúen no Informe sobre a situación da lingua catalá (2011), elaborado pola Xarxa CRUSCAT do Instituto de Estudos Cataláns (IEC), por encargo do Observatorio da Lingua Catalá.

Fonte: Generalitat de Catalunya

Cataluña

Crean Appsencatala.cat, o portal das aplicacións móbiles en catalán

Co apoio da Dirección Xeral de Política Lingüística do Departamento de Cultura, o portal Appsencatalà.cat, permite localizar rápida e facilmente calquera aplicación móbil, obter información de calidade e acceder ao provedor virtual onde se pode adquirir ou descargar.

Fonte: Generalitat de Catalunya

Cataluña

O catalán consolídase con dous millóns de falantes, pero mantén profundos desequilibrios territoriais

O 70,7% da poboación dos territorios de lingua catalá declara que sabe falar catalán, o 91,3% enténdeo e o 50,3% afirma, por primeira vez, que o sabe escribir. Porén, o nivel de coñecemento e uso desta lingua nos diferentes territorios é moi heteroxéneo.

Fonte: Xarxa CRUSCAT

Cataluña

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder