Cataluña
Cataluña mantén a inmersión lingüística en catalán pese a que o Tribunal Supremo impón tamén o castelán como vehicular
O Goberno catalán manterá o curso que vén o modelo lingüístico vixente, pese a que o Tribunal Supremo (TS), nunha sentenza, impón tamén o castelán como lingua vehicular no segundo ciclo de educación infantil en Cataluña, igual que o catalán.
Fonte: Diario de Cádiz
A Generalitat apoia máis de 30 proxectos empresariais que impulsan o catalán nas empresas, os videoxogos e as novas tecnoloxías
No marco das accións de fomento de uso do catalán no ámbito empresarial, a Dirección Xeral de Política Lingüística do Departamento de Cultura subvenciona 34 proxectos este ano. Destes, 31 servirán para promover produtos e servizos como por exemplo aplicacións para móbil e tabletas, software de xestión empresarial, iniciativas de difusión de produtos tecnolóxicos en catalán e xogos e videoxogos en catalán. Ademais, tamén se subvencionaron tres proxectos relacionados co uso da lingua catalá na atención ao público.
Fonte: Gencat
O Goberno catalán aproba o programa para impulsar o desenvolvemento da Lei do occitano, aranés en Arán
O Goberno aprobou o programa para impulsar a Lei do occitano, aranés en Arán, que substitúe o anterior programa para a promoción do occitano. O programa ten como obxectivo impulsar a Lei do occitano, aranés en Arán, e dá continuidade ás políticas da Generalitat de fomento e difusión do occitano aranés.
Fonte: Gencat
O Parlamento de Cataluña rexeita ofrecer castelán no servizo telefónico de atención cidadá
O Parlamento catalán rexeitou unha proposta que pedía garantir “a dispoñibilidade lingüística plena en catalán e castelán do servizo de atención telefónica cidadá 012”.
Fonte: ABC
O Parlamento Catalán rexeita as decisións sobre o catalán dos gobernos de Aragón e Baleares
A xunta de voceiros do Parlamento de Cataluña aprobou unha declaración na que defende a unidade do catalán e denuncia as “denominacións impropias que, ao seu ver, contraveñen os principios científicos e académicos” que impulsan os gobernos de Aragón e as Illas Baleares.
Fonte: Levante-emv
O Departamento de Cultura da Generalitat Catalá asina convenios de colaboración para promover o catalán
O Departamento de Cultura da Generalitat catalá asinou acordos de colaboración coas asociacións coas asociacións Amical Viquipèdia e Lectura Fàcil co obxectivo de promover e difundir a lingua catalá.
Fonte: Generalitat de Catalunya
Un de cada cinco comercios de Barcelona incumpre a normativa de rotular en catalán
Un de cada cinco comercios da cidade de Barcelona (o 19,2 %) non ten os rótulos internos e externos en catalán, tal como establece a normativa, segundo un estudo do concello da capital catalá e da Unión de Consumidores de Catalunya (UCC).
Fonte: La Vanguardia
O Departamento de Educación de Cataluña dá o seu apoio a proxectos empresariais que impulsen o uso do catalán
O Departamento de Cultura da Generalitat de Catalunya, a través da Dirección Xeral de Política Lingüística, dá o seu apoio a 34 proxectos empresariais que impulsen o uso do catalán. Destes, 31 son do ámbito das novas tecnoloxías e os 3 restantes están relacionados co uso do catalán na atención ao público.
Fonte: Gencat
Unha decena de autores en español podería optar ao Premio Nacional da Generalitat de Catalunya
As recentes declaracións do presidente do Consello Nacional da Cultura e as Artes (Conca), Carles Duarte, nas que consideraba a posibilidade de que un escritor catalán en lingua castelá poida obter o Premio Nacional de Literatura que outorga cada ano a Generalitat, propician unha posible selección de autores que poderían barallarse entre os galardoables de 2013.
Fonte: El Periódico
A Generalitat de Cataluña destina 1,4 millóns de euros a fomentar o catalán en universidades de fóra de Cataluña
O Instituto Ramón Llull, organismo da Generalitat que ten como finalidade a “proxección exterior da lingua e cultura catalás”, repartiu un total de 1 496 486 euros de subvencións entre universidades de fóra de Cataluña para contribuír ao financiamento da docencia de estudos cataláns.
Fonte: ABC
Boletín
Subscríbase ao boletín