Cataluña
A conselleira catalá de Ensino aposta por facer presente o inglés en todas as etapas de formación
A conselleira de Ensino, Irene Rigau, manifestou que o departamento que ela lidera apostará para que a lingua inglesa “estea presente en todas as etapas formativas” para incrementar a competencia dos alumnos nesta materia.
Fonte: ABC
O xornal La Vanguardia terá unha versión en catalán
“A partir do próximo mes de maio, La Vanguardia será tamén un gran diario europeo en catalán, sen por iso deixar de selo en castelán”. É a promesa de Javier Godó no anuncio da primeira edición en catalán do xornal centenario.
Fonte: Estrella Digital
O alumnado catalán de formación profesional deberá acreditar un nivel mínimo de inglés especializado
O alumnado que curse un ciclo formativo de grao medio ou un ciclo formativo de grao superior en Cataluña deberá acreditar un nivel mínimo dunha terceira lingua ao rematar os seus estudos. O idioma, xeralmente inglés, estará adaptado á súa rama de especialización.
Fonte: Educaweb.com
O PP quere que os taxistas de Barcelona falen español e catalán
Alberto Fernández Díaz, presidente do grupo municipal do Concello de Barcelona, comprometeuse a promover unha nova normativa de acceso ás licenzas de taxi que garanta que os novos taxistas coñezan as dúas linguas oficiais de Cataluña, o castelán e o catalán.
Fonte: Libertad Digital
A Plataforma pola Lingua Catalá preséntase en defensa do decreto de universidades
A Plataforma pola Lingua presentouse como defensa no recurso interposto por Convivencia Cívica Catalá ante o Tribunal Superior de Xustiza de Cataluña (TSXCE) en contra do decreto de universidades, segundo o que os profesores deben coñecer as dúas linguas oficiais da comunidade.
Fonte: ABC
A Generalitat de Catalunya puxo 205 multas en 2010 por non usar o catalán
A Generalitat de Catalunya impuxo no ano 2010 un total de 205 multas a establecementos por infraccións da Lei de política lingüística, que obriga a rotular polo menos en catalán. Con estas sancións, o Goberno catalán recadou 182.000 euros.
Fonte: Intereconomía
Uns 250 profesionais debaten en Reus sobre lingua, inmigración e empresa
O Teatro Bartrina de Reus será a sede, os días 24 e 25 de marzo, do Convit, o segundo congreso de servizos lingüísticos dos territorios de fala catalá, no que un total de 250 profesionais debaterán sobre lingua e empresa e lingua e inmigración.
Fonte: ABC
O xornal La Vanguardia en catalán triunfa nas redes sociais
Desde que se anunciou a nova edición de La Vanguardia en catalán as contas en apoio á iniciativa lograron sumar xa máis de 10.000 seguidores, 8.700 en Facebook e 1.900 en Twitter. Este dato en pouco máis de 15 días amosa o apoio dos lectores á iniciativa editorial.
Fonte: La Vanguardia
Xuristas cataláns fan campaña para incentivar o uso do catalán na xustiza
A Asociación de Xuristas en Defensa da Lingua Propia puxo en marcha a campaña ‘No Canviem de Llengua’ (Non cambiemos de lingua) para concienciar a cidadanía para que non cambie de lingua cando se dirixa aos organismos de Xustiza e se fala catalán poida usalo sen pasar ao castelán.
Fonte: Europa Press
A Generalitat de Catalunya propón que as linguas autonómicas se estuden nas comunidades autónomas limítrofes
A conselleira de Ensino da Generalitat, Irene Rigau, propuxo un plan de “plurilingüismo veciñal” para que as linguas autonómicas se estuden nas escolas das comunidades autónomas limítrofes nas que non son cooficiais.
Fonte: La Voz de Barcelona
Boletín
Subscríbase ao boletín