Cataluña

O novo Código de consumo catalán promove a etiquetaxe en braille

A nova lei do Código de consumo de Cataluña, que entrou en vigor o 23 de agosto, insta a garantir o acceso de persoas cegas á información sobre bens e servizos, e obriga a incluír o braille na etiquetaxe de produtos que afectan a saúde e a seguridade dos consumidores.

Fonte: Eurocarne Digital

Cataluña

A Generalitat de Catalunya esixiralles o dominio do catalán aos profesores universitarios

O decreto que esixirá ter o nivel C de catalán -que equivale ao dominio da lingua nunha escala entre A e D- aos novos profesores universitarios fixos e aos eventuais que deban renovar os seus contratos aprobarase en plena precampaña electoral en Cataluña.

Fonte: El País

Cataluña

Un total de 52.000 alumnos poderá estudar idiomas nas 42 escolas oficiais de Cataluña este curso

Un total de 51.900 cataláns poderá apuntarse nalgunha das 42 escolas oficiais de diomas (EOI) da Generalitat de Catalunya. O idioma con máis prazas adxudicadas é o inglés -con 25.470-, seguido polo francés -9.750- e o alemán -7.710-.

Fonte: Europa Press

Cataluña

O Departamento de Educación da Generalitat de Catalunya ofrecerá cursos oficiais de inglés a distancia a partir de febreiro

A partir do próximo mes de febreiro será posible cursar os tres primeiros niveis de inglés a través do Institut Obert de Catalunya (IOC), segundo avanzou o director xeral de Ensinanzas Profesionais, Artísticas e Especializadas, Josep Francí.

Fonte: La Vanguardia

Cataluña

O Goberno de Cataluña flexibiliza a acreditación do catalán para o profesorado universitario

A Generalitat de Catalunya aprobou un decreto co que flexibiliza a acreditación do coñecemento do catalán para o profesorado universitario, deixando marxe aos centros para certificar a competencia lingüística ata de cinco maneiras diferentes.

Fonte: ADN

Cataluña

O catalán é a décima lingua en tradución

O catalán está situado como a décima lingua en tradución, a oitava na blogosfera e a vixésima en edición no mundo. Estes son algúns dos datos que se desprenden do balance da Secretaría de Política Lingüística 2004-2010 que presentou o vicepresidente do Goberno catalán, Josep Lluís Carod-Rovira.

Fonte: Avui

Cataluña

A Generalitat de Catalunya dará a coñecer o catalán aos turistas a través dos comercios

A Generalitat de Catalunya e a Confederación de Comercio de Cataluña presentaron a campaña 'Oberts al català' (Abertos ao catalán), dirixida aos turistas e aos profesionais do comercio, especialmente aos de orixe estranxeira.

Fonte: Europa Press

Cataluña

Un libro de estilo axudará aos xuíces a emitir sentenzas en catalán

Un libro de estilo axudará a partir de agora aos xuíces a emitir as sentenzas en catalán, xa que durante os últimos anos só se emite neste idioma unha de cada cinco sentenzas.

Fonte: ABC

Cataluña

O Goberno de Cataluña destina un millón de euros a fomentar o catalán entre os inmigrantes

O Goberno de Cataluña aprobou outorgar unha subvención dun millón de euros ao Consorcio para a Normalización Lingüística co fin de fomentar a aprendizaxe do catalán entre os inmigrantes.

Fonte: Avui

Cataluña

O Parlamento catalán recoñece a oficialidade do aranés

O Parlamento de Cataluña aprobou a Lei do Occitano (aranés en Arán), que recoñece o aranés como lingua oficial de Cataluña e se compromete a implicarse na protección e difusión da lingua propia do Val de Arán.

Fonte: Europa Press

Cataluña

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder