Cataluña

Cataluña abre un espazo web para que as empresas fomenten o catalán

A Secretaría de Política Lingüística da Consellería da Vicepresidencia da Generalitat de Catalunya abriu un espazo dentro da web 'Llengua Catalana' para que as empresas incorporen actuacións relacionadas co fomento do uso do catalán nos seus programas de responsabilidade social.

Fonte: Europa Press

Cataluña

Cataluña necesitará un 30 % máis de profesores de catalán a causa da inmigración

Cataluña necesitará un 30 % máis de profesores de catalán "como mínimo" nos próximos anos, pola entrada en vigor da Lei de acollida de inmigrantes, que pide un nivel básico para acreditar a integración, e pola xubilación de profesores de secundaria.

Fonte: Europa Press

Cataluña

A Secretaría de Política Lingüística da Generalitat de Catalunya promove o voluntariado pola lingua catalá nas empresas

A Secretaría de Política Lingüística, co apoio do Servizo de Ocupación de Cataluña do Departamento de Traballo e das organizacións empresariais, iniciou unha liña de colaboración para promover o programa "Voluntariado pola lingua" no interior das empresas.

Fonte: Generalitat de Catalunya

Cataluña

O Tribunal Constitucional rexeita que o catalán sexa "preferente" en administracións e medios de comunicación públicos

A resolución do Tribunal Constitucional (TC) considerou inconstitucional que o catalán sexa a lingua "preferente" das administracións públicas e dos medios de comunicación públicos de Cataluña, segundo establecía o Estatuto.

Fonte: Europa Press

Cataluña

Un estudo afirma que dous terzos da programación de 8TV se emiten en lingua castelá

A Plataforma pola Lingua Catalá realizou un estudo sobre os usos lingüísticos nas canles privadas de TDT de ámbito catalán que pon de manifesto a presenza minoritaria da lingua catalá en dúas destas canles: 8TV e RAC105 TV.

Fonte: Plataforma per la Llengua

Cataluña

A nova Lei do cine de Cataluña impulsa a lingua catalá

O Parlamento catalán aprobou a nova Lei do cine de Cataluña, que establece que o 50 % das películas estranxeiras que se estreen na comunidade deberán estar dobradas ou subtituladas ao catalán.

Fonte: Noticine

Cataluña

As tarxetas sanitarias catalás incorporarán o braille antes de final de ano

As tarxetas sanitarias individuais (TSI) catalás incorporarán a linguaxe braille entre aqueles que o soliciten antes de finais deste ano, segundo unha resolución aprobada no Parlamento por iniciativa da Asociación Catalá para a Integración do Cego (ACIC).

Fonte: Europa Press

Cataluña

A Secretaría de Política Lingüística de Cataluña crea un Punto de atención á empresa para promover o catalán

A Secretaría de Política Lingüística puxo en marcha o Punto de atención á empresa. Trátase dun espazo de atención personalizada a empresas e persoas emprendedoras que ten como obxectivo facilitar a xestión lingüística no ámbito empresarial.

Fonte: Generalitat de Catalunya

Cataluña

A Plataforma pola Lingua denuncia que o catalán é a lingua máis desprotexida de Europa

A Plataforma pola Lingua presentou tres informes en que denuncia que o catalán é a lingua máis desprotexida de Europa en relación co número de falantes e destaca a marxinación deste idioma cooficial nas webs das institucións españolas.

Fonte: ABC

Cataluña

O Goberno catalán asina un acordo co Decanato de Rexistradores da Propiedade de Cataluña para fomentar o uso do catalán

O vicepresidente do Goberno catalán, Josep-Lluís Carod-Rovira, a conselleira de Xustiza, Montserrat Tura, e o decano dos Rexistradores da Propiedade, Mercantil e de Bens Mobles de Cataluña, Antonio Giner, asinaron un acordo marco de colaboración para impulsar conxuntamente accións de fomento do uso do catalán nos rexistros e garantir os dereitos lingüísticos da cidadanía para poder escoller a lingua oficial dos asentamentos rexistrais, as certificacións e a atención oral.

Fonte: Generalitat de Catalunya

Cataluña

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder