Cataluña
A Generalitat de Catalunya e a compañía aérea Andalus acordan promover o uso da lingua catalá
O delegado do Goberno catalán, Jordi Martinoy, e o director xeral de Andalus, Fernando Guerrero, asinan un convenio que permitirá dispoñer en catalán do web da compañía e das mensaxes de cabina, entre outras cousas.
Fonte: Generalitat de Catalunya
O presidente de Air Berlin non introducirá o catalán na páxina web da compañía
O presidente de Air Berlin, Álvaro Mendelhman, asegurou que o castelán é "suficiente" para as persoas que en España fagan uso dos servizos da súa compañía a través da súa páxina web e que non é necesario introducir as linguas cooficiais como o catalán.
Fonte: Europa Press
Desenvolven unha nova aplicación informática para reforzar a atención farmacéutica multilingüe
A partir dunha pantalla táctil, o farmacéutico pode facer preguntas, dar explicacións ou imprimir consellos en calquera das linguas dispoñibles (catalán, castelán, inglés, francés, chinés, árabe, romanés e portugués). A finalidade desta iniciativa é favorecer unha atención integral de todos os usuarios, tanto locais como estranxeiros.
Fonte: Linguamón
Un 3% dos catálogos de axencias de viaxe en Cataluña está en catalán
Un 2,8% dos catálogos das axencias de viaxes que ofrecen os seus servizos en Cataluña son en catalán, segundo un informe da Plataforma per la Llengua y Consum Català, tendo en conta as principais axencias do territorio.
Fonte: Finanzas
A Plataforma pola Lingua Catalá apoia unha lexislación que garanta o pleno recoñecemento do occitano no Val de Arán
A Plataforma pola Lingua Catalá, con motivo das comparecencias no Parlamento de Cataluña en relación coa Lei do aranés, quixo manifestar o seu apoio a unha lexislación que garanta o pleno recoñecemento da lingua occitana no Val de Arán.
Fonte: Avui
Un estudo afirma que as empresas catalás non dominan ben as linguas dos mercados emerxentes
Esta é unha das principais conclusións dun estudo sobre o multilingüismo como instrumento de negocio en Cataluña que deseñou e coordinou a Cátedra de Multilingüismo Linguamón da Universidade Aberta de Cataluña (UOC), xunto á Secretaría de Política Lingüística da Generalitat.
Fonte: ABC
O Goberno de Cataluña invita os romaneses a aprender catalán para prosperar socialmente
A conselleira de Acción Social e Cidadanía da Generalitat de Catalunya, Carme Capdevila, instou os romaneses que viven en Cataluña a aprender catalán para prosperar socialmente, na presentación da guía Vivir en Catalunya. Aprendamos catalán desde el rumano.
Fonte: La Vanguardia
Linguamón-Casa das Linguas inicia unha campaña de comunicación para promover o multilingüismo
Linguamón-Casa das Linguas inicia unha campaña de comunicación para promover os valores do multilingüismo. Ata o 18 de abril, Televisión de Cataluña emitirá un anuncio sobre Linguamón-Casa das Linguas nas franxas horarias da mañá e da tarde, e tamén durante o telexornal do mediodía.
Fonte: Linguamón
Toda a oferta formativa do contorno virtual de aprendizaxe de catalán Parla.cat está xa en liña
Parla.cat xa ten accesibles todos os cursos de suficiencia. Complétase así o cuarto e último nivel deste contorno de aprendizaxe de catalán en liña, desenvolvido pola Secretaría de Política Lingüística do Departamento da Vicepresidencia e o Instituto Ramon Llull, en colaboración co Consorcio para a Normalización Lingüística.
Fonte: Generalitat de Catalunya
O Goberno de Arán impulsa un obradoiro de teatro para promover a lingua
A secretaria de Cultura e Política Lingüística do Consello Xeral de Arán, Maria Vergés, anunciou a posta en marcha dun obradoiro de teatro en aranés para o fomento e apoio da creación cultural e a potenciación do uso social do aranés.
Fonte: 20 minutos
Boletín
Subscríbase ao boletín