Cataluña
A cátedra Linguamón-UOC pon en marcha o posgrao en xestión da diversidade lingüística e cultural
O programa diríxese a todos os profesionais que queiran afondar na xestión do multilingüismo e en todas as súas vertentes, como o mundo educativo, a inmigración, a empresa e as novas tecnoloxías.
Fonte: Linguamón
O Parlamento de Cataluña aproba unha resolución para garantir o acceso ao catalán a cegos e xordocegos
O Parlamento catalán aprobou unha resolución para garantir a aprendizaxe, a educación, o uso e o acceso ao catalán para persoas xordas e xordocegas.
Fonte: Europa Press
As canles de Radio Televisión Española en Cataluña poderán oírse en catalán

O Parlamento de Cataluña aprobou por unanimidade unha iniciativa de CiU para que as canles de Radio Televisión Española que se captan na comunidade autónoma incorporen a opción de audio en catalán.
Fonte: PR Noticias
O vicepresidente da Generalitat de Catalunya constata a internacionalización "extraordinaria" do catalán
O vicepresidente da Generalitat de Cataluña, Josep Lluís Carod-Rovira, constatou a difusión "extraordinaria" do catalán e a súa consolidación como unha lingua de prestixio no mundo, durante o balance en Barcelona das políticas lingüísticas da Generalitat desde 2004.
Fonte: Europa Press
O catalán posiciónase como a oitava lingua da blogosfera

O "Balance de Política Lingüística 2004-2010" mostra a gran presenza do catalán na rede. O catalán é a oitava lingua na blogosfera, a décima en tradución, a décimo cuarta en presenza en Google e a décimo quinta en Wikipedia.
Fonte: La Vanguardia
O Consello de Garantías Estatutarias avala a lei do aranés
O Consello de Garantías Estatutarias considera que a lei do aranés se axusta ao Estatuto e á Constitución. A norma non se puido aprobar no último pleno porque o PP solicitara un ditame do Consello.
Fonte: Avui
Un estudo afirma que o 25,1 % dos inmigrantes asentados en Cataluña ve televisión en catalán
Unha cuarta parte dos inmigrantes asentados en Cataluña ve a televisión en catalán, segundo un estudo baseado en datos do Barómetro da Comunicación e a Cultura.
Fonte: La Vanguardia
O Valedor do Pobo recorre a lei catalá de inmigración porque fixa o catalán como lingua preferente da aprendizaxe
A valedora do pobo en funcións, María Luisa Cava de Llano, recorreu ante o Tribunal Constitucional a Lei catalá de acollida de inmigrantes porque fixa o catalán como lingua preferente no proceso de aprendizaxe dos estranxeiros empadroados en Cataluña.
Fonte: El País
Máis de 1300 centros escolares cataláns potencian o uso dunha terceira lingua
Un total de 300 centros educativos adheriuse ao Plan experimental de linguas estranxeiras, de xeito que xa son 1345 os centros que, en Cataluña, potencian o uso dunha terceira lingua mediante distintos proxectos.
Fonte: ABC
O presidente do grupo de comunicación Mediapro pide incentivar o consumo de cine en catalán rebaixando as entradas
O presidente de Mediapro, Jaume Roures, instou a que a Lei do cine aprobada en xullo polo Parlamento catalán incorpore medidas para incentivar o consumo de cine en catalán, entre as que propuxo a creación dunha rede pública de salas de cine e a posibilidade de que as entradas sexan máis baratas.
Fonte: El Mundo
Boletín
Subscríbase ao boletín