Cataluña

O Goberno catalán pon en marcha o buscador de recursos para a acollida lingüística

O Goberno de Cataluña puxo en marcha o buscador de recursos para a acollida lingüística (http://gencat.cat/llengua/acolliment/cercador). Trátase dunha ferramenta dirixida a persoas que realizan tarefas de acollida lingüística en catalán para persoas adultas.

Fonte: Generalitat de Catalunya

Cataluña

Cataluña e Luxemburgo son os únicos territorios da Unión Europea con triple oficialidade lingüística

O vicepresidente do Goberno catalán, Josep Lluís Carod-Rovira, celebrou que coa aprobación da Lei do occitano Cataluña se sume a Luxemburgo como únicos territorios da Unión Europea onde hai un sistema de triple oficialidade lingüística; en Cataluña o catalán, o castelán e o aranés; e en Luxemburgo o alemán, o francés e o luxemburgués.

Fonte: e-Notícies

Cataluña

As asembleas rexionais europeas oficializan o catalán

A Conferencia de Asembleas Lexislativas Rexionais Europeas equiparou o catalán co resto de linguas da Unión Europea durante os plenos deste organismo.

Fonte: Avui

Cataluña

Presentan a tradución ao catalán de Ubuntu, o sistema operativo de Linux

Xa está dispoñible a nova actualización de Ubuntu 10.10 en lingua catalá. Ubuntu é un sistema operativo gratuíto, baseado no núcleo Linux e desenvolvido altruistamente pola súa comunidade de usuarios en Cataluña.

Fonte: La Vanguardia

Cataluña

O vicepresidente de Cataluña insta o sector xurídico a utilizar a lingua catalá

O vicepresidente do Goberno catalán, Josep-Lluís Carod-Rovira, instou o sector xurídico a utilizar de maneira normalizada a lingua catalá. Ademais, destacou que a Generalitat "puxo ao alcance de todos todas as ferramentas necesarias" para un "uso correcto" da lingua no ámbito xurídico.

Fonte: Generalitat de Catalunya

Cataluña

A Generalitat de Catalunya presenta Canto.cat, unha ferramenta de promoción das linguas catalá e occitana

Canto.cat quere ser unha ferramenta de promoción das linguas catalá e occitana a través da música. A proposta consiste na organización de catro grandes concertos simultáneos en Xirona, Lleida, Reus e Vic.

Fonte: Generalitat de Catalunya

Cataluña

A Universidade Autónoma de Barcelona crea unha guía básica en liña para a comunicación en lingua de signos catalá

Investigadores de TransMedia Catalonia, grupo de investigación da Universidade Autónoma de Barcelona (UAB), elaboraron SIGNEM, o primeiro recurso de autoaprendizaxe en liña da lingua de signos catalá (LSC), que permite adquirir uns coñecementos básicos para comunicarse cunha persoa xorda.

Fonte: Universia

Cataluña

O Consello Xeral de Arán crea un curso de aranés por internet

O Consello Xeral de Arán creou un curso en liña dirixido a todas as persoas que queiran aprender a lingua e non poidan asistir a clases presenciais. O curso é gratuíto e pódese acceder directamente desde a páxina web www.corsi.aranes.org.

Fonte: Qué

Cataluña

A Universidade Pompeu Fabra lanza en internet un dicionario fonético en catalán para xornalistas

A Universidade Pompeu Fabra (UPF) de Barcelona lanzou o novo dicionario fonético en liña reSOLC-mitjansCAT para que xornalistas e asesores de medios de comunicación audiovisuais poidan consultar a pronuncia correcta das palabras en catalán.

Fonte: Europa Press

Cataluña

Máis da metade dos mozos cataláns de 15 a 19 anos domina o inglés

O 50,8 % dos mozos cataláns de 15 a 19 anos domina o inglés en todas as súas habilidades -ler, entender, falar e escribir-, segundo a Enquisa de Usos Lingüísticos da poboación, elaborada pola Secretaría de Política Lingüística e o Instituto de Estatística de Cataluña (Idescat).

Fonte: La Vanguardia

Cataluña

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder