Cataluña
A Plataforma pola Lingua e asociacións de emigrantes farán un vídeo musical que reivindique o catalán como elemento de inclusión
A Plataforma pola Lingua e unha vintena de asociacións de emigrantes participarán os próximos días 15 e 16 de abril na gravación dun vídeo musical co obxectivo de reivindicar o papel do catalán como “elemento de inclusión” das persoas que chegan doutros países.
Fonte: ABC
O responsable de Política Lingüística de Galicia anima o alumnado do Proxecto Galauda a continuar aprendendo galego en Cataluña
O responsable de Política Lingüística da Xunta de Galicia, Anxo Lorenzo, animou os alumnos e alumnas que participan no Proxecto Galauda a continuar estudando galego en Cataluña.
Fonte: Xunta de Galicia
A Secretaría de Política Lingüística de Galicia e o Institut Ramon Llull exploran canles para a difusión do galego e do catalán
O secretario xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, Anxo Lorenzo, reuniuse co director do Institut Ramon Llull, Vicenç Villatoro, unha entidade que ten como obxectivos prioritarios a promoción e difusión da lingua e da cultura catalás no exterior.
Fonte: Xunta de Galicia
Os responsables de Política Lingüística de Galicia e de Cataluña manteñen o seu primeiro encontro institucional
O secretario xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, Anxo Lorenzo, reuniuse coa súa homóloga en Cataluña, Yvonne Griley. Durante o encontro, que tivo lugar na sede do departamento da Generalitat de Cataluña, en Barcelona, os dous responsables intercambiaron puntos de vista sobre os proxectos nos que colaboran actualmente.
Fonte: Xunta de Galicia
O 56 % dos cataláns utiliza o castelán como lingua habitual
Máis da metade dos cidadáns de Cataluña, un 56 %, ten o castelán como lingua de uso habitual, mentres que case catro de cada 10 (un 39,5 %) emprega o catalán como idioma habitual.
Fonte: El Periódico
O profesorado de galego nas universidades catalás valora novas iniciativas para a proxección do idioma
O secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, mantivo un encontro co profesorado e cos lectores de galego da Universidade Autónoma de Barcelona (UAB) e da Universidade de Barcelona (UB).
Fonte: Xunta de Galicia
Os novos consolidan o catalán, segundo demostra un estudo
A día de hoxe, o 95% dos cidadáns de Cataluña entende o catalán, aínda que só o 77% sabe falalo e apenas o 60% o sabe escribir. Pero, en cambio, é extremadamente importante o dato de que entre os novos de 14 a 19 anos, a porcentaxe dos que entenden, falan e escriben catalán é do 97%, practicamente o total dos comprendidos nesa franxa de idade.
Fonte: La Vanguardia
Medio millar de profesores participarán nas XIV Xornadas de Linguas Estranxeiras en Lleida
Máis de 400 profesores e 120 relatores participarán do 28 ao 30 de abril nas XIV Xornadas de Linguas Estranxeiras, que este ano se organizan en Lleida baixo o lema “A educación multilingüe: un reto para o profesorado”.
Fonte: Europa Press
Publícase un estudo sobre as linguas en Cataluña
A Fundación Jaume Bofill acaba de publicar Les llengües a Catalunya, 2001-2005 de Albert Fabà e Mireia Llaberia. Este informe fai unha análise da situación lingüística da Cataluña dos inicios do século XXI.
Fonte: Generalitat de Catalunya
O diario “La Vanguardia” lanza a súa esperada edición en catalán
O diario “La Vanguardia” sae na súa edición en catalán o martes 3 de maio despois de 130 anos de editarse só en castelán e con 200.000 exemplares para a súa venda, dobrando así a edición habitual do xornal.
Fonte: El Mundo
Boletín
Subscríbase ao boletín