Cataluña
Arrinca a primeira canle de televisión en aranés en fase de probas
A canle Hèm TV arrincou en fase de probas tras a firma dun convenio de colaboración para crear a primeira canle de televisión en aranés.
Fonte: 20 minutos
O Goberno de Cataluña presenta unha publicación para promover a aprendizaxe do catalán entre a poboación de orixe bérber
Trátase do cuarto volume dunha colección promovida pola Secretaría para a Inmigración e a Secretaría de Política Lingüística que ten como obxectivo proporcionarlles un primeiro contacto coa lingua catalá ás persoas de orixe estranxeira.
Fonte: Generalitat de Catalunya
O Goberno de Cataluña presenta unha publicación para aprender catalán desde o urdú
Trátase do quinto volume da colección "Vivir en Cataluña. Aprendemos catalán desde...", que inclúe versións en chinés, árabe, romanés e tamazight. A colección ten como obxectivo proporcionarlles un primeiro contacto coa lingua catalá a persoas de orixe estranxeira.
Fonte: Generalitat de Catalunya
Unha ferramenta permite autoavaliar a situación do catalán en calquera empresa
O recurso, chamado Llenguatest Empresa, diríxese aos empresarios e ten como obxectivo coñecer globalmente a situación do catalán en calquera empresa.
Fonte: Generalitat de Catalunya
Coñecer o catalán ou o castelán será obrigatorio en 2011 para presentarse ao exame de taxista
Demostrar un coñecemento básico de catalán ou castelán será obrigatorio para obter o título de taxista a partir da primeira convocatoria de exame de 2011, só para os aspirantes que proveñan de países que non teñan como lingua oficial o catalán ou o castelán.
Fonte: Europa Press
A lingua vehicular da Universidade da ONU que se instalará en Barcelona será o inglés
A lingua vehicular da Universidade das Nacións Unidas para a Alianza de Civilizacións (UNU-IIAOC) que se instalará a partir do curso 2012-13 na cidade de Barcelona será o inglés e non o catalán ou o castelán.
Fonte: ABC
Só o 6 % da oferta de xoguetes está en catalán
Só o 6 % de toda a oferta de xoguetes comercializada en Cataluña está en catalán, segundo a Plataforma pola Lingua. En 2007 menos do 5 % das empresas utilizaba esta lingua.
Fonte: Avui
A Generalitat de Catalunya destina 1,2 millóns de euros a promover o catalán no Rosellón e Valencia
A Generalitat de Catalunya destinou 1,2 millóns de euros a entidades culturais e cívicas para a promoción do catalán no Rosellón (Francia) e na Comunidade Valenciana.
Fonte: Europa Press
Un acordo permitirá facer o primeiro glosario de proxectos científicos en catalán
Un total de 10.000 palabras clave integrará o primeiro tesouro que clasificará tematicamente os proxectos de investigación que se fan en Cataluña e que está previsto que se acabe en 2012.
Fonte: Generalitat de Catalunya
O Goberno de Cataluña defende que a súa lei educativa “consagra” o catalán como lingua vehicular na escola
A nova conselleira de Ensino da Generalitat de Catalunya, Irene Rigau, explicou que, en materia de política lingüística nas escolas, despregará a Lei de educación de Cataluña (LEC), unha normativa que "consagra" o catalán como lingua vehicular.
Fonte: Europa Press
Boletín
Subscríbase ao boletín