Cataluña

A canle de noticias catalá 3/24 incorporará a lingua de signos ao telexornal nocturno

A canle de noticias da Televisió de Catalunya (TVC) 3/24 emitirá as noticias da noite en lingua de signos, ofrecendo así máis de tres horas semanais nesta lingua.

Fonte: Europa Press

Cataluña

O partido catalán Ciutadans asesorará os pais que queiran o castelán como lingua vehicular nas escolas

Ciutadans anunciou que ofrecerá asesoramento legal aos pais que desexen pedir ás escolas ou ao Departamento de Ensino da Generalitat de Catalunya que a lingua vehicular sexa tanto a castelá como a catalá, de acordo co que sinala unha sentenza do Tribunal Supremo.

Fonte: ADN

Cataluña

A Generalitat de Catalunya edita unha guía para axudar ás empresas a incorporar os aspectos lingüísticos

O mercado catalán expresa unha sensibilidade para recibir produtos, servizos e a comunicación na lingua propia por parte das empresas, mesmo coa valoración positiva de persoas que orixinariamente non falan catalán, que consideran un acto de normalidade a presenza desta lingua no mercado. Malia isto, existe un fallo no mercado, xa que a oferta de produtos en catalán por parte da iniciativa privada é insuficiente, tendo en conta as características lingüísticas da poboación e as súas preferencias.

Fonte: Avui

Cataluña

O Consello Xeral de Arán e a Universidade Autónoma de Barcelona promoven o aranés a través do teatro en Barcelona

O Consello Xeral de Arán e o Arquivo Occitano da Universidade Autónoma de Barcelona (UAB) promoverán o aranés en Barcelona mediante un obradoiro de teatro nesta lingua.

Fonte: Europa Press

Cataluña

Os partidos cataláns rexeitan as críticas de Javier Arenas ao modelo lingüístico catalán

Todos os partidos cataláns, excepto o PPC, rexeitaron as críticas ao modelo lingüístico catalán vertidas polo dirixente popular andaluz Javier Arenas, que asegurou que o seu partido será “belixerante se se intenta educar a un neno andaluz nunha lingua diferente da súa”, en referencia ao sistema de inmersión lingüística en catalán nos primeiros anos de escolarización en Cataluña.

Fonte: ABC

Cataluña

YouTube suma o catalán ás 40 linguas accesibles para os usuarios

O catalán sumouse ás máis de 40 linguas nas que se oferta o portal de vídeos YouTube, xestionado por Google.

Fonte: El Mundo

Cataluña

Aumentan nun 20 % os estranxeiros que seguen cursos de catalán

Ata 40.000 persoas se inscribiron nalgún dos cursos de catalán que organizou o Consorcio para a Normalización Lingüística de Barcelona durante o ano 2010. A gran maioría, un 72 %, son persoas de orixe estranxeira.

Fonte: Avui

Cataluña

Un estudo revela que mellora a implantación do catalán nos móbiles, pero suspenden as operadoras

A implantación da lingua catalá nos teléfonos móbiles mellorou nos últimos anos e a maioría de terminais xa a incorpora nos seus menús, aínda que, por outro lado, as operadoras suspenden á hora de atender os seus clientes en catalán, segundo revela un estudo da Plataforma pola Lingua Catalá.

Fonte: ABC

Cataluña

Nace unha coordinadora en Cataluña para defender a inmersión lingüística

Unha trintena de entidades cívicas e educativas promove accións conxuntas a favor da escola catalá. A macroasociación xa redactou un manifesto no que salienta a importancia cultural, lingüística e social do catalán como lingua vehicular no ensino.

Fonte: Avui

Cataluña

A Consellería catalá de Cultura quere que aumente o coñecemento do catalán

A directora xeral de Política Lingüística da Generalitat de Cataluña, Yvonne Griley, asegurou que un dos principais obxectivos do Departamento de Cultura esta lexislatura será aumentar o coñecemento da lingua catalá.

Fonte: ABC

Cataluña

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder