Cataluña
Aumenta o uso do catalán en internet, que se sitúa no 58,67 % das páxinas de Cataluña
A porcentaxe global do uso do catalán en internet sitúase actualmente no 58,67 %, 0,12 puntos porcentuais máis ca no mes anterior, cando se situaba no 58,55 %.
Fonte: Avui
O Partido Popular de Cataluña impugna o regulamento de usos lingüísticos do Concello de Barcelona
Alberto Fernández Díaz, presidente do grupo municipal popular no Concello de Barcelona, impugnou o regulamento de usos lingüísticos do Concello, ao que dan apoio tanto CiU como ERC e os grupos de goberno.
Fonte: Avui
O catalán incorpora 250 novas palabras durante 2009
As 250 novas palabras que incorporou o catalán durante 2009 están maioritariamente relacionadas co ámbito dos videoxogos e a gastronomía. Trátase dunha adaptación de termos que chegan do inglés, o francés, o italiano e o castelán, segundo informou o centro de terminoloxía Termcat.
Fonte: El País
A nova web da Fundación Ramon Llull está dispoñible en cinco idiomas
A páxina está accesible desde dous dominios (www.fundacioramonllull.cat e www.fundacioramonllull.ad) e en cinco idiomas (catalán, castelán, francés, inglés e italiano). Os internautas poderán encontrar puntualmente todas as novidades sobre a Fundación, as actividades previstas e os datos esenciais.
Fonte: ABC
O Tribunal Superior de Xustiza de Cataluña nega que a escola discrimine o castelán
O Tribunal Superior de Xustiza de Cataluña (TSJC) deu por boa a decisión da Consellería de Educación de eliminar da solicitude de preinscrición de prazas escolares a cela na que se lles preguntaba aos pais se desexaban que os seus fillos recibisen o ensino en castelán no segundo ciclo de educación infantil (3-5 anos) e durante o primeiro ciclo de primaria (6-7 anos).
Fonte: El Periódico
Realizan unha campaña para que os produtos de Apple adopten o catalán
Un grupo de usuarios dos produtos de Apple iniciou unha campaña para que a marca da mazá adopte o catalán nos seus produtos. Estas persoas están enviando correos electrónicos en inglés á empresa informática pedindo que os Mac e os iPhone teñan a opción de catalán nos seus menús, así como un dicionario deste idioma.
Fonte: E-Notícies
O vicepresidente do Goberno catalán reclamou "a plena oficialidade lingüística" da lingua catalá en Europa
O vicepresidente do Goberno de Cataluña, Josep Lluís Carod-Rovira, reclamou "a plena oficialidade lingüística" do catalán en Europa, "un dereito ao que, como cidadáns europeos, non podemos renunciar".
Fonte: e-Notícies
Esquerra Republicana avisa que non apoiará o Pacto pola Educación se se pon en dúbida a inmersión lingüística en Cataluña
O portavoz de Esquerra no Congreso, Joan Ridao, avisou o ministro de Educación, Ángel Gabilondo, que a súa formación non apoiará o Pacto de Estado pola Educación se neste "se pon en dúbida un modelo de éxito avalado por máis de 30 anos, como o sistema catalán de inmersión lingüística".
Fonte: Europa Press
O Consello Social do Catalán denuncia a marxinación do idioma na Xustiza
O Consello denunciou que o Goberno español incumpre os "compromisos asumidos" no Estatuto e ao ratificar a Carta Europea das Linguas Rexionais e Minoritarias, asumida por 47 Estados membro do Consello de Europa.
Fonte: ABC
O presidente de Cataluña ve "inaceptable" a situación actual do catalán nos cines
O presidente da Generalitat, José Montilla, cualificou de "inaceptable" a situación da lingua catalá nos cines, xa que, a día de hoxe, a súa presenza é só do 3 por cento.
Fonte: Europa Press
Boletín
Subscríbase ao boletín