Cataluña

O Síndic de Greuges de Cataluña (Valedor do Pobo) pídelle á Administración catalá que sexa bilingüe

"A Administración ten que garantir o uso de calquera das linguas oficiais nas relacións cos cidadáns», reza o Código de Boas Prácticas Administrativas elaborado polo Síndic de Greuges (Valedor do Pobo de Cataluña), Rafael Ribó, quen llo entregou ao presidente do Parlamento catalán, Ernest Benach.

Fonte: El Mundo

Cataluña

O vicepresidente catalán e o síndico de Arán asinan un convenio de colaboración para impulsar a lingua occitana

O vicepresidente da Generalitat de Catalunya, Josep Lluís Carod-Rovira, e o síndico de Arán, Francés Boya, asinaron un acordo de colaboración co obxectivo de impulsar o uso, difusión e coñecemento da lingua occitana, idioma que segundo o novo Estatuto catalán é oficial na comunidade, informou a Generalitat nun comunicado.

Fonte: Qué

Cataluña

O inglés consolídase nas aulas catalás

O inglés estase infiltrando cada curso con máis intensidade nos colexios e institutos cataláns. Son 245 centros e 96.315 alumnos os que se sumarán este curso ao plan de linguas estranxeiras da Generalitat. En total, serán 372.000 alumnos de 1.045 centros, un de cada tres, os que reforzarán un idioma estranxeiro este curso. A inmensa maioría focalizaranse no inglés.

Fonte: El País

Cataluña

CiU quere que a futura lei de estranxeiría valore o coñecemento do catalán

O proxecto para reformar a lei de estranxeiría chega ao Congreso e CiU xa anunciou que votará en contra das emendas á totalidade. O deputado da federación que se encarga deste, Carles Campuzano, asegura que lle gustaría chegar a un acordo co PSOE e que, ademais, sería desexable un "acordo de fondo" por parte de todos os grupos parlamentarios. Pero que se chegue a un pacto depende en gran parte da importancia que se lle dea ao coñecemento do catalán, é dicir, que se recoñeza como factor de integración.

Fonte: Avui

Cataluña

Autobuses de Barcelona levarán unha publicidade en defensa do catalán

Autobuses das liñas 17, 22, 24 e 33 de Barcelona lucirán imaxes da campaña da Plataforma pola Lingua 'El català suma' (O catalán suma), que mostrarán a "inexplicable desigualdade lexislativa" do catalán respecto ao castelán en Cataluña.

Fonte: La Vanguardia

Cataluña

CiU considera "grotesco" que técnicos do Servizo de Ocupación de Cataluña non falen en catalán

O grupo de CiU no Parlamento de Cataluña considera "grotesco" e "decepcionante" que técnicos do Servizo de Ocupación de Cataluña (SOC) non falen en catalán para atender as consultas que poidan facer os cidadáns.

Fonte: Avui

Cataluña

Nokia inclúe o catalán en todos os seus terminais

Nokia incorporou o catalán como lingua dispoñible nos menús de todos os seus terminais, a través dun convenio asinado coa Generalitat de Cataluña para promover a telefonía móbil en catalán.

Fonte: El Mundo

Cataluña

A nova revista das Tres Xemelgas contará cunha sección mensual sobre as linguas e a riqueza que estas supoñen

A revista das Tres Xemelgas, destinada a nenos e nenas de entre 5 e 8 anos, terá unha sección na que Linguamón - Casa de las Lenguas quere traballar xunto cos máis pequenos no valor que teñen as linguas e a riqueza que supoñen.

Fonte: Linguamón

Cataluña

A Federación de Entidades Latinoamericanas de Cataluña (Fedelatina) promoverá o catalán entre os sudamericanos

A Federación de Entidades Latinoamericanas de Cataluña (Fedelatina) e a Plataforma pola Lingua asinaron o pasado 24 de setembro un convenio de colaboración co obxectivo de promover de forma conxunta o uso do catalán entre a comunidade latinoamericana residente en Cataluña.

Fonte: La Voz Libre

Cataluña

Televisión de Cataluña incrementa a presenza do aranés en antena e no seu portal de internet

Televisión de Cataluña (TVC) incrementa a presenza do aranés en antena coa estrea na canle 3/24 dunha rolda de información xeral nesa lingua para todo o territorio.

Fonte: Europa Press

Cataluña

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder