Cataluña
Un informe asegura que só catro de cada dez mozos admiten falar habitualmente en catalán
Só un 44,3 % dos mozos de entre 15 e 29 anos admite que fala habitualmente en catalán e un 12 % non o fala nin o entende, segundo un informe de 2003 elaborado polo Departamento de Presidencia e incluído no sistema de indicadores presentado polo Observatorio Catalán da Xuventude do Departamento de Acción Social.
Fonte: Avui
O Tribunal Superior de Xustiza de Cataluña comina os xuíces a velar polos dereitos lingüísticos
A sala de goberno do Tribunal Superior de Xustiza de Cataluña aprobou por unanimidade un acordo que lles lembra a xuíces e maxistrados "as súas obrigas como garantes dos dereitos das partes procesuais nos casos en que se exerceu o dereito dunha opción lingüística".
Fonte: Avui
A Secretaría de Política Lingüística de Cataluña publica os dous primeiros volumes da Biblioteca Técnica de Política Lingüística
A Secretaría de Política Lingüística publicou unha nova colección de publicacións dixitais dirixidas á actualización e ao soporte técnico dos profesionais da lingua catalá e ás persoas interesadas na lingua en xeral.
Fonte: Generalitat de Catalunya
Un informe asegura que o catalán é a lingua máis desprotexida da Unión Europea en relación co número de falantes
O catalán é a única lingua con máis de cinco millóns de falantes non considerada oficial no conxunto do Estado, segundo un informe da Plataforma pola Lingua, que presentou tres informes que demostran que o catalán é a lingua máis desprotexida da Unión Europea en relación co número de falantes.
Fonte: Avui
Linguamón e a Universidade Pompeu Fabra convocan o II Premio ao mellor traballo de investigación no ámbito das linguas
Linguamón - Casa das Linguas e a Facultade de Tradución e Interpretación da Universidade Pompeu Fabra (UPF) convocan o II Premio ao mellor traballo de investigación de bacharelato no ámbito das linguas e a linguaxe.
Fonte: Linguamón
O Goberno catalán presenta as últimas actuacións en materia de lingua occitana
O secretario de Política Lingüística da Generalitat de Catalunya, Bernat Joan, participou no acto de presentación das últimas actuacións do Goberno da Generalitat en materia de lingua occitana que se celebrou na Universidade de Barcelona.
Fonte: Generalitat de Catalunya
A Generalitat de Catalunya e a compañía aérea Andalus acordan promover o uso da lingua catalá
O delegado do Goberno catalán, Jordi Martinoy, e o director xeral de Andalus, Fernando Guerrero, asinan un convenio que permitirá dispoñer en catalán do web da compañía e das mensaxes de cabina, entre outras cousas.
Fonte: Generalitat de Catalunya
O presidente de Air Berlin non introducirá o catalán na páxina web da compañía
O presidente de Air Berlin, Álvaro Mendelhman, asegurou que o castelán é "suficiente" para as persoas que en España fagan uso dos servizos da súa compañía a través da súa páxina web e que non é necesario introducir as linguas cooficiais como o catalán.
Fonte: Europa Press
Desenvolven unha nova aplicación informática para reforzar a atención farmacéutica multilingüe
A partir dunha pantalla táctil, o farmacéutico pode facer preguntas, dar explicacións ou imprimir consellos en calquera das linguas dispoñibles (catalán, castelán, inglés, francés, chinés, árabe, romanés e portugués). A finalidade desta iniciativa é favorecer unha atención integral de todos os usuarios, tanto locais como estranxeiros.
Fonte: Linguamón
Un 3% dos catálogos de axencias de viaxe en Cataluña está en catalán
Un 2,8% dos catálogos das axencias de viaxes que ofrecen os seus servizos en Cataluña son en catalán, segundo un informe da Plataforma per la Llengua y Consum Català, tendo en conta as principais axencias do territorio.
Fonte: Finanzas
Boletín
Subscríbase ao boletín