Cataluña
Publícase un dicionario de novas tecnoloxías en lingua occitana
No marco do despregamento do occitano como lingua cooficial en Cataluña, preséntase o dicionario Societat de l’informacion. Novèlas tecnologias e Internet, un proxecto terminolóxico que se levou a cabo co asesoramento metodolóxico do TERMCAT e co apoio da Secretaría de Política Lingüística da Generalitat de Catalunya.
Fonte: Generalitat de Catalunya
As principais empresas do sector crean unha rede de cines en catalán
As cotas que prevé introducir a nova lei de cine de Cataluña, que obrigarán a que o 50 % das películas que se distribúan en máis de quince copias se dobren ao catalán ou se subtitulen nesta mesma lingua, puxeron en alerta a distribuidores e salas de exhibición.
Fonte: Expansión
A Generalitat de Catalunya dotará o aranés dunha lei para fomentar o seu uso social
A futura lei, que nestes momentos está en período de información pública, promoverá o aranés, regulará o emprego oficial desta lingua en Cataluña e fomentará o seu uso no propio Val de Arán, así como a súa utilización nos medios de comunicación.
Fonte: La Mañana
Unha sentenza do Tribunal Supremo recoñece a CCOO o dereito a presentar un recurso só en catalán
O Tribunal Supremo ditou unha sentenza que recoñece o dereito ao sindicato CCOO a presentar un recurso escrito só en catalán. Así pois, o Tribunal Supremo dispuxo que o recurso de casación presentado se traduciría ao castelán e que posteriormente se procedería a continuar a súa tramitación ordinaria.
Fonte: CCOO
O Goberno de Cataluña premia a política de Google co catalán
A empresa Google foi unha das galardoadas na II edición dos Premios Pompeu Fabra. Josep Lluís Carod-Rovira afirmou que "o catalán é tamén unha lingua presente nas novas tecnoloxías".
Fonte: E-Notícies
Cataluña dá o primeiro paso para oficializar o aranés
A Generalitat aprobou o Proxecto de lei da lingua aranesa, en cumprimento do mandato que establece o Estatuto de Cataluña e para cumprir os compromisos establecidos na Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias.
Fonte: La Vanguardia
O Goberno catalán asina un acordo co Colexio de Notarios de Cataluña para fomentar o uso do catalán no sector
O Goberno de Cataluña fomentará o uso do catalán no sector das notarías. O vicepresidente do Goberno, Josep-Lluís Carod-Rovira, a conselleira de Xustiza, Montserrat Tura, e o decano do Colexio de Notarios de Cataluña, Joan Carles Ollé, asinan un acordo para impulsar conxuntamente accións de fomento do uso do catalán nas notarías e garantir así o dereito da cidadanía a ser atendida oralmente e por escrito na lingua oficial da súa escolla.
Fonte: Generalitat de Catalunya
Aumenta o uso do catalán en internet, que se sitúa no 58,67 % das páxinas de Cataluña
A porcentaxe global do uso do catalán en internet sitúase actualmente no 58,67 %, 0,12 puntos porcentuais máis ca no mes anterior, cando se situaba no 58,55 %.
Fonte: Avui
O Partido Popular de Cataluña impugna o regulamento de usos lingüísticos do Concello de Barcelona
Alberto Fernández Díaz, presidente do grupo municipal popular no Concello de Barcelona, impugnou o regulamento de usos lingüísticos do Concello, ao que dan apoio tanto CiU como ERC e os grupos de goberno.
Fonte: Avui
O catalán incorpora 250 novas palabras durante 2009
As 250 novas palabras que incorporou o catalán durante 2009 están maioritariamente relacionadas co ámbito dos videoxogos e a gastronomía. Trátase dunha adaptación de termos que chegan do inglés, o francés, o italiano e o castelán, segundo informou o centro de terminoloxía Termcat.
Fonte: El País
Boletín
Subscríbase ao boletín