Cataluña
O aeroporto de Barcelona ten máis rótulos en inglés ca en catalán
A lingua predominante na rotulación dos establecementos comerciais do aeroporto de Barcelona é a castelá, e o catalán aínda sofre unha clara inferioridade tanto respecto ao castelán coma ao inglés.
Fonte: Avui
A Plataforma pola Lingua lanza unha campaña para prestixiar o catalán na universidade
A Plataforma pola Lingua e sindicatos e entidades sindicais lanzaron unha nova campaña para dar prestixio ao catalán nas universidades, baixo o lema 'Na universidade, en catalán!', ante o actual aumento de estudantes estranxeiros nos centros.
Fonte: Europa Press
O Parlamento catalán contrata intérpretes ao castelán para atender unha delegación de Nicaragua
O Parlamento catalán contratou un servizo de interpretación ao castelán para atender, na comisión de Cooperación e Solidariedade, unha delegación de Nicaragua que pedira ser informada sobre a situación da cooperación catalá.
Fonte: La Vanguardia
Preséntase no Parlamento de Cataluña a futura lei da lingua de signos catalá
O vicepresidente do Goberno catalán, Josep-Lluís Carod-Rovira, presentou no Parlamento de Cataluña o proxecto de lei da lingua de signos catalá, que "a dignifica como lingua propia, como sistema lingüístico" e que lle outorga "o recoñecemento institucional que merece".
Fonte: Generalitat de Catalunya
O presidente do Parlamento de Cataluña garante o dereito a falar en catalán e castelán na Cámara
O presidente do Parlamento de Cataluña, Ernest Benach, asegurou que garantirá o dereito de calquera deputado ou representante do Goberno a expresarse na Cámara en cualquera das dúas linguas oficiais en Cataluña: o catalán e o castelán.
Fonte: Qué
O Tribunal Superior de Xustiza de Cataluña censura as cotas aprobadas sobre o uso do catalán e o aranés nos medios
O Consello do Audiovisual de Catalunya (CAC) defendeu que a Lei da comunicación audiovisual de Cataluña de 2005 lle outorga a potestade de aprobar instrucións sobre as obrigas en relación coa presenza da lingua e a cultura catalás e co aranés na comunicación audiovisual despois de que o Tribunal Superior de Xustiza de Cataluña (TSJC) anulase 13 dos 18 artigos da instrución xeral do CAC datadas en 2004 sobre esta materia.
Fonte: La Vanguardia
O Concello de Barcelona prima o catalán como lingua vehicular
O Concello de Barcelona aprobou en comisión o Regulamento de uso da lingua catalá, que de acordo coa Lei de política lingüística e o Estatuto, prioriza o catalán como lingua vehicular do consistorio.
Fonte: El País
Sométese a información pública o Anteproxecto de lei do aranés
No Diario Oficial da Generalitat de Catalunya publicouse o edicto polo que se somete a información pública o Anteproxecto de lei do aranés, que proximamente será sometido á aprobación do Goberno da Generalitat de Catalunya.
Fonte: Generalitat de Catalunya
A Plataforma pola Lingua repartirá 26.000 cartas aos Reis Magos en catalán

A Plataforma pola Lingua celebrará unha festa lúdica durante a cal un paxe real recollerá 26.000 cartas dirixidas aos Reis Magos a través das cales os nenos pedirán xoguetes en catalán, baixo o lema Poder xogar en catalán.
Fonte: La Vanguardia
Publícase un dicionario de novas tecnoloxías en lingua occitana
No marco do despregamento do occitano como lingua cooficial en Cataluña, preséntase o dicionario Societat de l’informacion. Novèlas tecnologias e Internet, un proxecto terminolóxico que se levou a cabo co asesoramento metodolóxico do TERMCAT e co apoio da Secretaría de Política Lingüística da Generalitat de Catalunya.
Fonte: Generalitat de Catalunya
Boletín
Subscríbase ao boletín