Cataluña
O Goberno catalán multou en 2006 con 43.500 euros a compañías aéreas por non utilizar o catalán
A Generalitat de Catalunya impuxo sancións por valor de 43.500 euros a compañías aéreas que operan en Barcelona por non utilizar o catalán nas súas comunicacións cos clientes no marco dunha campaña de inspección de 2006.
Fonte: Europa Press
O ministro de Educación nega que o catalán se impoña nas escolas
O ministro de Educación, Ángel Gabilondo, asegurou que o feito de que haxa carteis en catalán nas escolas fomenta o uso do catalán pero non o impón.
Fonte: Avui
O catalán é a lingua habitual do 52 % dos barceloneses
Na cidade de Barcelona un 52% da poboación ten o catalán como lingua habitual, segundo datos da "Enquisa de condicións de vida e hábitos da poboación de Cataluña, 2006", do Instituto de Estudos Rexionais e Metropolitanos de Barcelona, difundidos por CiU.
Fonte: ADN
O Goberno catalán crea unha web para a integración dos inmigrantes dispoñible en dez linguas
A Generalitat de Catalunya puxo en funcionamento un portal en internet para facilitar a integración dos inmigrantes, que inclúe información básica sobre a sociedade catalá e a súa lexislación, traducida a dez linguas diferentes.
Fonte: 20 minutos
A futura Lei de educación de Cataluña prevé que os profesores acrediten un nivel de inglés para exercer
A futura Lei de educación de Cataluña (LEC), que está a punto de recibir a luz verde da comisión de Educación do Parlamento catalán, prevé que os profesores de educación obrigatoria teñan que acreditar un nivel de linguas estranxeiras determinado -en especial de inglés- para poder exercer na escola pública.
Fonte: La Vanguardia
A lei catalá de educación elude a terceira hora de castelán
O decreto do Ministerio de Educación que insta a dar tres horas semanais de Lingua e Literatura Castelá nas escolas non se aplicará en Cataluña. Iso polo menos é o que se deriva do acordo alcanzado pola Comisión de Educación do Parlamento catalán, que aprobou o informe do relatorio da lei de educación.
Fonte: El País
O vicepresidente catalán presenta unha guía para aprender catalán a partir do árabe
O vicepresidente do Goberno catalán, Josep-Lluís Carod-Rovira, presentou a guía Vivir en Cataluña. Aprendemos o catalán desde o árabe, un material audiovisual que editaron a Secretaría de Política Lingüística e a Secretaría para a Inmigración para facilitar o coñecemento do catalán entre a poboación de orixe magrebí.
Fonte: e-Notícies
CiU quere que Renfe ofreza o catalán para a venda telefónica de billetes
O grupo de CiU no Parlamento catalán rexistrou unha proposta de resolución na Cámara catalá para instar o Goberno de Cataluña a reclamar a Renfe que ofreza a posibilidade de ser atendido en catalán no servizo telefónico de venda de billetes.
Fonte: Europa Press
A televisión pública catalá retransmite un partido de fútbol en aranés por primeira vez na historia
Por primeira vez na historia, os araneses puideron seguir a retransmisión dun partido de fútbol na súa lingua grazas a unha desconexión da canle analóxica de TV3 no Val de Arán. Este feito sen precedentes foi impulsado por Televisión de Cataluña.
Fonte: Nationalia
A Generalitat de Catalunya e entidades de xordos impulsan unha web coa lingua de signos catalá
A Generalitat de Catalunya e a Federación de Persoas Xordas de Cataluña (Fesoca) impulsaron a web 'Webvisual', que é un portal de información adaptada á Lingua de Signos Catalá (LSC).
Fonte: La Flecha
Boletín
Subscríbase ao boletín