Cataluña
A Dirección Xeral de Política Linüística da Generalitat apoia a dobraxe ao catalán dun novo filme de animación
Varias salas de cinema de toda Cataluña estrearán o filme noruegués <em>Vaixells</em> dobrado ao catalán grazas ao apoio da Dirección Xeral de Política Lingüística do Departamento de Cultura da Generalitat de Cataluña.
Fonte: Generalitat de Catalunya
O censo de entidades para a promoción do catalán acada a cifra de 214
Un total de 214 asociacións e entidades de Cataluña están incluídas no Censo de entidades para o fomento da lingua catalá, un 8 % máis que o ano precedente.
Fonte: Generalitat de Catalunya
A Asociación de Editores en Lingua Catalá cumpre 40 anos

A Asociación de Editores en Lingua Catalá celebrou cunha festa no centro de Barcelona os seus 40 anos,
Fonte: Generalitat de Catalunya
Un total de 32 salas de cinema de Cataluña estrearán un filme de animación dobrado en catalán
O filme de animación <em>Hotel Transsilvània 3: unes vacances monstruoses</em> estrearase en 32 salas de cinema dobrado en catalán grazas ao apoio da Dirección Xeral de Política Lingüística do Departamento de Cultura da Generalitat de Cataluña.
Fonte: Generalitat de Catalunya
O Goberno de Cataluña aproba os estatutos do Consorcio para a Normalización Lingüística
O Goberno de Cataluña acaba de aprobar os novos estatutos do Consorcio para a Normalización Lingüística que leva trinta anos formando persoas en catalán.
Fonte: Generalitat de Catalunya
A conselleira de Cultura de Cataluña abre a VI Xornada sobre Lingua e Sociedade nos Territorios de Fala Catalá
A conselleira de Cultura de Cataluña, Laura Borràs, inaugurou a VI Xornada sobre Lingua e Sociedade nos Territorios de Fala Catalá que organiza o Departamento de Cultura da Generalitat de Cataluña.
Fonte: Generaliat de Catalunya
Cataluña, Valencia e as Illas Baleares queren seguir colaborando en materia de política lingüística
Representantes das Generalitats de Cataluña e da Comunidade Valenciana e do Goberno das Illas Baleares reúnense en Barcelona co fin de dar un novo pulo á colaboración en materia de política lingüística a prol da lingua catalá
Fonte: Generalitat de Cataluña
Nace Muvicat, unha nova aplicación de cinema en catalán
A aplicación Muvicat baséase nos datos da Dirección Xeral de Política Lingüística da Generalitat de Cataluña e permite consultar os filmes, as sesións e as salas de cine onde se exhiben películas en catalán.
Fonte: Generalitat de Catalunya
Un estudo conclúe que as axudas destinadas ao ámbito musical en Cataluña non benefician a música en catalán

A Plataforma pola Lingua realizou o estudo Les xifres canten que constata que Cataluña está á cola nas axudas á lingua propia no ámbito musical con respecto a comunidades lingüísticas semellantes.
Fonte: Plataforma per la Llengua
A Universidade Pompeu Fabra edita unha revista dedicada exclusivamente á lingüística das linguas de signos
A revista Formal and Experimental Advances in Sign language Theory recompila os traballos do congreso FEAST, dedicado á investigación en lingüística formal e experimental de linguas de signos, no que se difunde o proxecto europeo SIGN-HUB que fomenta o patrimonio lingüístico, histórico e cultural das comunidades xordas de Europa.
Fonte: La Vanguardia
Boletín
Subscríbase ao boletín