Cataluña
A Generalitat de Catalunya defende o sistema de inmersión lingüística como "garantía de cohesión social"
O secretario de Política Lingüística da Generalitat de Catalunya, Bernat Joan, manifestou que "o sistema de inmersión lingüística é garantía de cohesión social", segundo informou o Executivo rexional.
Fonte: EcoDiario
O Tribunal Superior de Xustiza de Cataluña rexeita a petición dunha nai para que a filla faga preescolar en castelán
O Tribunal Superior de Xustiza de Cataluña desestimou o recurso interposto por unha muller que reclamaba que a súa filla fose educada en castelán durante a educación infantil no colexio Sant Josep de Calassanç-Escolàpies de Sabadell, e que tamén pedía que lle enviasen todas as circulares nesta lingua.
Fonte: Avui
Linguamón – Casa das Linguas lanza unha nova páxina web con xogos e actividades sobre a diversidade lingüística

Con motivo do Día Internacional da Lingua Materna, Linguamón – Casa das Linguas lanzou a páxina web As Tres Xemelgas no Bosque das Palabras. Trátase dun espazo onde estas personaxes infantís reflexionan acerca da necesidade e a importancia de preservar todas as linguas do mundo.
Fonte: Linguamón
Linguamón publica a primeira parte do proxecto Mapas vivos
Linguamón publicou a primeira parte do ambicioso proxecto Mapas vivos, que de momento conta cun atlas interactivo das linguas de Europa. A aplicación permite distinguir entre linguas territoriais e linguas oficiais e facer buscas personalizadas.
Fonte: Món Divers
A Secretaría de Política Lingüística de Cataluña traballa para que o catalán se volva empregar en Swiss Air
Con motivo da supresión do catalán da megafonía dalgúns vos de Swiss Air en decembro de 2008, a Secretaría de Política Lingüística de Cataluña púxose en contacto coa liña aérea.
Fonte: Generalitat de Catalunya
Segundo un estudo, o Aeroporto de El Prat discrimina o catalán
O Aeroporto de El Prat (Barcelona) discrimina o catalán, aínda que esta é a única lingua propia de Cataluña, segundo revela o estudo que presentou a Plataforma per la Llengua.
Fonte: Qué
Un deputado de ERC ameaza coa "insubmisión lingüística" se se continúa sen permitir o uso do catalán no Congreso
O deputado de ERC no Congreso, Joan Tardà, ameazou coa "insubmisión lingüística" se na Cámara baixa española se continúa vetando o uso do catalán.
Fonte: Avui
O Val de Arán constitúe o Consello Asesor da Lingua
O Val de Arán constituíu o Consello Asesor da Lingua, un novo órgano asesor do Consello Xeral sobre a lingua occitana na súa variante aranesa.
Fonte: Món Divers
O presidente de Cataluña advirte do perigo de que o Tribunal Constitucional recorte o modelo lingüístico catalán
O presidente catalán, José Montilla, cominou o Tribunal Constitucional a "preservar a convivencia" en Cataluña e non ceda ante os "intereses partidistas" que perseguen desautorizar o modelo lingüístico que funciona nesta comunidade desde hai 25 anos, polo que non aceptará imposicións desde fóra.
Fonte: La Vanguardia
As escolas catalás informarán do dereito a recibir un curso en castelán
As escolas catalás informarán as familias do dereito dos seus fillos a recibir ensinanza en castelán durante un curso escolar -ben na educación infantil ou ben no primeiro curso de primaria-.
Fonte: El País
Boletín
Subscríbase ao boletín