Cataluña
Preséntanse máis de 250 novidades na Semana do Libro en Catalán
Na edición número 36 da Semana do Libro en Catalán participaron 190 selos editoriais, once librerías, dúas distribuidoras e sete institucións. Na feira presentáronse 250 novidades editoriais e máis de 350 autores en lingua catalá.
Fonte: CatalunyaPress
Elaboran a primeira terminoloxía do audiovisual en lingua de signos catalá
O Centro Recreativo Cultural de Xordos (CERECUSOR) elaborou a primeira terminoloxía do audiovisual en lingua de signos catalá acompañada dun Glosario audiovisual básico en formato vídeo que inclúe 300 termos.
Fonte: Generalitat de Catalunya
O TERMCAT elabora a versión en catalán de dúas novas normas UNE
O Centro de Terminoloxía TERMCAT elaborou a versión en catalán de dúas normas técnicas, un traballo que se enmarca no acordo establecido coa Asociación Española de Normalización (UNE) e o convenio asinado entre a Deputación de Barcelona e a Generalitat de Catalunya para fomentar o uso do catalán no ámbito empresarial.
Fonte: Generalitat de Catalunya
A Generalitat e o Consello de Colexios de Avogados de Cataluña renovan a súa colaboración para impulsar o uso do catalán
O Departamento de Cultura e o Consello dos Ilustres Colexios de Avogados de Cataluña (CICAC) renovaron o seu convenio de colaboración para poñer en marcha durante o ano 2018 accións de impulso do uso do catalán no ámbito da avogacía.
Fonte: Generalitat de Catalunya
Piden que poida utilizarse o catalán na publicidade de Twitter

Unha iniciativa popular, posta en marcha a través da plataforma change.org, reclama que se poida empregar o catalán na publicidade de Twitter.
Fonte: Generalitat de Catalunya
A festa de San Miguel, en Gavà, estará dedicada este ano á lingua catalá
Gavà celebra, no Castelo de Eramprunya, a festividade de San Miguel que este ano está dedicada á lingua catalá no marco do 150 aniversario do nacemento de Pompeu Fabra.
Fonte: El Periódico
Ponse en marcha un proxecto para impulsar un asistente de voz libre en catalán
Softcatalà e Mozilla queren poñer en marcha un asistente de voz libre en catalán, un proxecto co que pretenden animar a gravar textos lidos nesta lingua para crear un modelo informático que calquera programador poida utilizar.
Fonte: El Periódico
Nace a Guía CatNord que permite localizar establecementos onde se atende en catalán
A Guía CatNord é un sitio web onde localizar establecementos para ser atendido en catalán. O obxectivo é difundir o seu uso social no ámbito comercial e ampliar os espazos de socialización nesta lingua.
Fonte: El Nacional
A Generalitat de Cataluña fará un estudo dos usos da lingua catalá no sector comercial
O Departamento de Cultura da Generalitat de Cataluña e o Consorcio para a Normalización Lingüística, a través do programa Ofercat, analizarán os usos lingüísticos de 4600 establecementos comerciais en varias cidades catalás.
Fonte: La Vanguardia
O número de inscritos nos cursos de catalán da Generalitat aumenta este ano
Nos cursos presenciais de catalán do Consorcio para a Normalización Lingüística crecen un 4,5% as inscricións. Un 65,5% delas corresponde a cursos de nivel inicial básico, dirixidos a persoas con poucos o ningún coñecemento da lingua catalá.
Fonte: La Vanguardia
Boletín
Subscríbase ao boletín