Cataluña

O Centro de Terminoloxía Termcat traduce ao catalán dúas normas técnicas dedicadas ao ámbito empresarial

O Termcat elaborou a versión catalá de dúas normas técnicas, unha relativa á xestión de recursos humanos e outra que se refire á xestión de riscos, que servirán para promover o uso do catalán no ámbito da empresa.

Fonte: Generalitat de Catalunya

Cataluña

A Fundación puntCAT convoca axudas por un valor de 160 000 euros para proxectos dixitais en catalán

A Fundación puntCAT destinará 160 000 euros para proxectos dixitais que teñan como obxectivo promover a cultura e a lingua catalás en internet e nas novas tecnoloxías da información.

Fonte: El Nacional

Cataluña

Publícase en liña a Gramática esencial da lingua catalá

O Instituto de Estudos Cataláns (IEC) publicou en liña unha versión reducida e adaptada da Gramática da lingua catalá co obxectivo de facilitar o coñecemento da normativa gramatical deste idioma. Está estruturada en 32 capítulos e inclúe un glosario de 568 termos. Proximamente incorporará audios que permitirán escoitar os exemplos dos contidos fonéticos e fonolóxicos.

Fonte: La Vanguardia

Cataluña

O programa de cine infantil en catalán "Un día de festa" chega a once municipios de Cataluña

Entre os meses de xaneiro e abril, once poboacións de Cataluña acollerán as actividades organizadas no marco da terceira edición de “Un día de festa”, un programa itinerante de cinema familiar, música e teatro en catalán.

Fonte: Generalitat de Cataluña

Cataluña

A Generalitat de Cataluña abre o prazo para a inscrición no Censo de entidades de fomento do catalán

Este censo reúne entidades que fomentan o catalán con actividades que incrementan o coñecemento e o uso desta lingua entre a poboación en xeral e entre colectivos concretos.

Fonte: Generalitat de Cataluña

Cataluña

Animan á participación nunha enquisa de Netflix sobre preferencias lingüísticas para que incremente o uso do catalán

A Plataforma per la Llengua anima a poboación de Cataluña a que participe nunha enquisa posta en marcha por Netflix para coñecer as preferencias lingüísticas das persoas usuarias. O obxectivo é que a empresa avance na normalización do uso do catalán.

Fonte: El Nacional

Cataluña

RTVE incrementará nos vindeiros dous anos as horas de emisión en catalán

Co gallo do 60 aniversario do centro de produción en Cataluña, RTVE vai cuadriplicar as horas de emisión en catalán desde o centro territorial de Barcelona. A intención é pasar das actuais 20 horas semanais a unhas 80 ao finalizar 2020, unha nova programación que se emitiría principalmente en La2.

Fonte: El Mundo

Cataluña

Denuncian que Playmobil e Lego non utilizan o catalán nos xoguetes que venden en Cataluña

Playmobil e Lego néganse a empregar o catalán nos seus xoguetes, unha negativa pola que ambas as empresas poderían enfrontarse a unha multa de ata 100 000 euros, ao non cumprir a normativa lingüística de Cataluña.

Fonte: Antena 3

Cataluña

A UE admite a queixa presentada polo Instituto de Estudos Araneses pola falta de protección da lingua vernácula do Val de Arán

O Instituto de Estudos Araneses informou de que a Unión Europea aceptou a queixa presentada pola institución ante os supostos incumprimentos do Estado español na protección do aranés, lingua oficial en Cataluña.

Fonte: La Vanguardia

Cataluña

Estrean en Cataluña un novo filme de animación dobrado ao catalán

O filme de animación Spider-Man. Un nou univers estreouse nas salas de cinema de Cataluña dobrado ao catalán grazas ao apoio da Dirección Xeral de Política Lingüística da Generalitat de Cataluña.

Fonte: Generalitat de Catalunya

Cataluña

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder