Cataluña
Ponse en marcha unha campaña para fomentar a lectura de revistas en catalán

A Asociación de Publicacións Periódicas en Catalán (APPEC) lanzou a campaña “Sigues lliure, llegeix” co obxectivo de impulsar a lectura de revistas nesta lingua, así como combater a manipulación informativa e as noticias faltas.
Fonte: Generalitat de Catalunya
O aranés incrementará a súa presenza nos medios públicos audiovisuais

A Corporación Catalá de Medios Audiovisuais comprometeuse a incrementar a presenza do aranés e os contidos relacionados co Val de Aran nos medios públicos, a través do reforzo da información, da dobraxe de programación infantil ou de espazos web específicos.
Fonte: Generalitat de Cataluña
Publícanse en catalán dúas novas guías de viaxes, de Islandia e de Praga

A colección Guies Insight acaba de publicar dúas novas guías de viaxe en catalán grazas ao apoio da Dirección Xeral de Política Lingüística de Cataluña, unha sobre Islandia e outra sobre Praga, que se suman ás seis anteriores (Berlín, Lisboa, Londres, Nova York, París e Roma).
Fonte: Generalitat de Catalunya
A Generalitat e o Goberno de Andorra colaboran na publicación do Dicionario de relacións internacionais
O Termcat (Centro de Terminoloxía da Lingua Catalá) elaborou o Dicionario de relacións internacionais, que inclúe 1328 termos en catalán acompañados dunha definición, así como da súa correspondente tradución ao castelán, ao francés e ao inglés.
Fonte: La Vanguardia
Convócase en Cataluña o premio Peme á Calidade Lingüística no mundo empresarial
Pimec, co apoio do Departamento de Cultura de Cataluña, convoca o premio Peme à Calidade Lingüística co obxectivo de fomentar o uso do catalán no sector empresarial, un recoñecemento no que poden participar pequenas e medianas empresas de calquera ámbito económico.
Fonte: La Vanguardia
A plataforma Twitch xa permite etiquetar os vídeos en catalán

Grazas á proposta impulsada por un activista defensor do catalán no ámbito dos videoxogos e os audiovisuais en liña, Twitch, a principal plataforma de transmisión en streaming, xa permite etiquetar os vídeos nesta lingua.
Fonte: Generalitat de Catalunya
A Generalitat de Cataluña convoca subvencións para a promoción da lingua de signos catalá
O prazo para solicitar as axudas destinadas ao fomento e á difusión da lingua de signos catalá, que contan cunha dotación económica de 45 000 euros, estará aberto ata o 28 de marzo, e a elas poden optar entidades privadas sen ánimo de lucro e persoas físicas.
Fonte: Generalitat de Cataluña
O Goberno catalán promoverá a lingua aranesa en varios ámbitos

O Goberno catalán fomentará a lingua e a cultura aranesas en diferentes ámbitos, de maneira que esta lingua irá incorporándose progresivamente ás webs institucionais, así como aos trámites e aos servizos ofrecidos por estas. Así mesmo, incrementarase a súa presenza no ámbito sanitario ou na oferta educativa de Cataluña.
Fonte: La Vanguardia
Increméntase en Cataluña o número de persoas que utiliza o catalán nos contornos dixitais

A enquisa sobre o uso das TIC nos fogares do ano 2017, realizada polo Instituto de Estatística de Cataluña (Idescat), mostra un incremento no emprego do catalán en chats e foros dixitais con respecto aos datos de 2013.
Fonte: Generalitat de Cataluña
A Generalitat de Cataluña impulsou a tradución de 154 obras ao catalán no ano 2018

O Departamento de Cultura impulsou durante o ano 2018 a tradución ao catalán de 154 obras literarias e non literarias co obxectivo de incrementar a oferta de libros nesta lingua, mediante subvencións que outorga no marco do Plan de lectura 2020.
Fonte: Generalitat de Cataluña
Boletín
Subscríbase ao boletín