Cataluña
Impúlsanse novas medidas dirixidas ao comercio local para estender o emprego do catalán no contorno dixital
O Consorcio para a Normalización Lingüística (CPNL) e a Fundación puntCAT asinaron un convenio de colaboración para impulsar o uso do catalán en contornos dixitais nos ámbitos empresarial e do comercio local.
Fonte: Generalitat de Catalunya
Celébrase un acto conmemorativo polos cincuenta anos de presenza do occitano no audiovisual
A conmemoración celebrouse no concello barcelonés de Arenys de Mar coa colaboración do Círculo Occitano e da Concellería de Cultura. Tamén participou o director do Centro Interrexional de Desenvolvemento do Occitano.
Fonte: Generalitat de Catalunya
A campaña "Non me cambies a lingua" recibe o apoio da Dirección Xeral de Política Lingüística da Generalitat de Cataluña
A Dirección Xeral de Política Lingüística de Cataluña apoiará a campaña "Non me cambies a lingua" coa que se pretende que os falantes de catalán manteñan a lingua catalá en conversas con persoas que non saben se falan catalán.
Fonte: Generalitat de Catalunya
O Departamento de Cultura da Generalitat de Cataluña estrea novas versións do seu sitio web en aranés, inglés e castelán
Co obxectivo de preservar os dereitos lingüísticos dos cidadáns e cidadás de Cataluña, o Departamento de Cultura da Generalitat de Cataluña incorpora agora a versión do seu sitio web en aranés, inglés e castelán. Esta acción, que supón a tradución de máis de 300 páxinas web, forma parte do proceso de incorporación progresiva do aranés ao ámbito institucional.
Fonte: Generalitat de Catalunya
O número de persoas inscritas nos exames oficiais de lingua catalá aumenta un 12 %
Un total 3 674 persoas presentáronse aos exames de catalán para obter o certificado oficial da Dirección Xeral de Política Lingüística, o que supón o 70,76 % das persoas que se inscribiron nas probas. O número de inscritos incrementouse un 12 % respecto ao ano anterior.
Fonte: Generalitat de Catalunya
O uso do catalán no patio das escolas descende ao 24,3 %

Segundo un estudo sobre o uso social do catalán realizado pola Plataforma pola Lingua, o uso da lingua catalá entre nenos e nenas no patio sofre un claro descenso e oscila entre o 35 % en primaria ao 14,6 % en secundaria.
Fonte: El País
Organízase unha xornada sobre os 40 anos de lexislación lingüística en Cataluña
A Revista de Llengua i Dret, editada pola Escola de Administración Pública de Cataluña, organizará a xornada "40 anos de lexislación lingüística" que analizará o pasado, presente e futuro das normas en materia lingüistica de Cataluña.
Fonte: Generalitat de Catalunya
Comeza un festival de cinema asiático en Vic con películas subtituladas en catalán
O Festival Noites de cinema oriental de Vic ten como obxectivo achegarnos á cultura asiática a través do cinema coa proxección de sete películas en versión orixinal subtituladas en catalán.
Fonte: Generalitat de Catalunya
Uns obradoiros promoven a dobraxe en lingua catalá
A Dirección Xeral de Política Lingüística e o Consorcio pola Normalización Lingüística de Cataluña organizan a terceira edición dos obradorios "Doblem en català?" ("Dobramos en catalán?) que promoven a dobraxe en catalán por medio da tradución de secuencias de clásicos.
Fonte: Generalitat de Catalunya
A cantante Rosalía recibe críticas polo uso de castelanismos no seu novo disco
Tras a publicación da súa primeira canción en catalán, Milionària, a cantante Rosalía recibiu críticas polo uso de castelanismos como "cumpleanys" ou "botelles", en vez das formas correctas "aniversari" e "ampolles". Segundo os puristas, o uso destes termos deturpados debilitan a lingua vernácula.
Fonte: The Guardian
Boletín
Subscríbase ao boletín