Cataluña
Publícase a terminoloxía básica do coronavirus en lingua de signos catalá
A Dirección Xeral de Política Lingüística publicou a Terminoloxía básica da COVID-19 en lingua de signos catalá. O obxectivo desta publicación é dar a coñecer os principais termos e expresións relacionados con esta epidemia.
Fonte: Generalitat de Catalunya
Ponse en marcha unha campaña de micromecenado para o estreo en catalán do videoxogo ‘Sword of the Necromancer’
A finais de 2020 estrearase o videoxogo Sword of the Necromancer en catalán, inglés e castelán. Para poder conseguir edicións físicas iniciouse un proxecto de micromecenado co que xa se conseguiu o 100 % do financiamento en 24 horas.
Fonte: Generalitat de Catalunya
A Generalitat de Cataluña ofrece información detallada sobre a situación da lingua catalá en todos os territorios

A páxina web El català als territoris de parla catalana ofrece información completa e actualizada sobre a situación do catalán no conxunto dos territorios onde se fala. En concreto, inclúe datos sobre o número de persoas que entenden, saben falar, len ou escriben nesta lingua, así como sobre a transmisión interxeracional ou os seus usos en diversos ámbitos.
Fonte: Generalitat de Catalunya
Política Lingüística e o Termcat colaboran nunha nova edición do concurso de lingua de San Jordi

O servizo de consultas lingüísticas da Dirección Xeral de Política Lingüística Optimot e o Termcat colaboran no concurso de lingua de San Jordi, cuxo lema é “Per Sant Jordi, clava-la amb l’Optimot i el TERMCAT!”. Nesta edición proponse publicar termos relacionados coa natureza (flores, árbores, animais etc.) que se atopen nalgunha canción catalá.
Fonte: Generalitat de Catalunya
O Consorcio para a Normalización Lingüística adapta gran parte da súa actividade para ofrecela en liña

O Consorcio para a Normalización Lingüística reorganizou a súa actividade para, baixo o slogan “Connecta’t. Activa el teu català!”, ofrecer en liña unha boa parte dos seus servizos e permitir así que as persoas interesadas continúen aprendendo catalán. Así ocorre cos cursos de catalán da plataforma virtual Parla.Cat, o Voluntariado pola Lingua ou o asesoramento lingüístico telemático.
Fonte: Generalitat de Catalunya
Un total de 8564 persoas aprende catalán en liña durante o confinamento

Case 8600 persoas seguiron o curso en liña para aprender catalán Parla.cat ao longo do mes de marzo. A Dirección Xeral de Política Lingüística ofrece, a través da súa web “Fes créixer la llengua des de casa”, servizos e recursos para seguir formándose de xeito gratuíto e autodidacta ao longo da corentena.
Fonte: La Vanguardia
As persoas xordas de Cataluña solicítanlle á Generalitat intérpretes de lingua de signos nas comunicacións institucionais
A Federación de Persoas Xordas de Cataluña (Fesoca) demanda a presenza de intérpretes de lingua de signos catalá nas comunicacións institucionais que fai o Goberno da Generalitat en relación co coronavirus.
Fonte: La Vanguardia
O Goberno de Cataluña expresa a súa desconformidade coa ausencia do catalán na nova plataforma de Disney
A directora xeral de Política Lingüística expresou a súa desconformidade coa ausencia do catalán na oferta inicial da nova plataforma de contidos en liña de Disney e instou a compañía a que continúe coa súa aposta por esta lingua como viña facendo nos últimos anos.
Fonte: Generalitat de Catalunya
A Generalitat de Cataluña publica un documento sobre o desenvolvemento do catalán nos asistentes virtuais con voz
O documento El desenvolupament de la llengua catalana en l’entorn dels assistents virtuals amb veu amosa a importancia que teñen os asistentes de voz para o catalán e para toda a sociedade e propón estratexias para avanzar neste ámbito.
Fonte: Generalitat de Catalunya
A Dirección Xeral de Política Lingüística de Cataluña ofrece servizos en liña para aprender e practicar catalán

A cidadanía poderá acceder, de xeito telemático, a diferentes recursos para aprender, practicar e promover o catalán, como cursos en liña, voluntariado lingüístico, servizo para atención de dúbidas lingüísticas etc.
Fonte: Generalitat de Catalunya
Boletín
Subscríbase ao boletín