Cataluña

A Comisión de Toponimia de Cataluña reúnese para tratar os obxectivos para o ano 2020

Na súa primeira reunión ordinaria de 2020, a Comisión de Toponimia de Cataluña abordou as accións previstas para este ano, como a actualización do nomenclátor oficial de Cataluña, a publicación do nomenclátor do Val de Arán ou a elaboración do nomenclátor mundial.

Fonte: Generalitat de Cataluña

Cataluña

O Consello da Avogacía Catalá impulsa o uso do aranés no ámbito xudicial

O Colexio de Avogados de Lleida colleu a presentación dos primeiros formularios xurídicos en aranés destinados aos profesionais da xustiza e que servirán para fomentar o uso desta lingua nos xulgados de Vielha.

Fonte: La Vanguardia

Cataluña

Celébrase unha nova edición do certame de promoción da lectura e a escritura en catalán Ficcions

O concurso literario Ficcions, dirixido ao alumnado do segundo ciclo de ensino secundario e de bacharelato de centros educativos valencianos, cataláns e baleares, chega á súa 12ª edición co obxectivo de promover a lectura e a escritura en lingua catalá.   

Fonte: Generalitat de Catalunya

Cataluña

O servizo do 061 CatSalut Respon incorpora un equipo de interpretación en lingua de signos catalá

A Generalitat de Cataluña incorpora ao servizo do 061 CastSalut Respon un equipo de interpretación en lingua de signos catalá, un importante paso que permitirá acceder a este servizo público sanitario a persoas xordas a través dos seus móbiles ou tabletas.

Fonte: Generalitat de Catalunya

Cataluña

Convócanse axudas para a promoción do catalán e do aranés en disciplinas vinculadas coa cultura

O prazo de solicitude das axudas para a promoción das linguas catalá e aranesa en disciplinas vinculadas á cultura comeza neste mes de febreiro. Entre outras, servirán de apoio a iniciativas de proxección exterior da creación literaria a través da tradución a outras linguas, a internacionalización da produción cultural etc.

Fonte: Generalitat de Catalunya

Cataluña

O Goberno de Cataluña pon en marcha unha iniciativa para impulsar a voz dixital en catalán

O proxecto para fomentar a voz dixital en catalán enmárcase nun plan para os vindeiros tres anos que contén unha serie de medidas para impulsar esta lingua e que está dotado dun orzamento de 1,5 millóns de euros.

Fonte: La Vanguardia

Cataluña

A alcaldesa de Vic apoia a campaña que anima a falarlles en catalán ás persoas que teñan aparencia de non seren catalás

A alcaldesa de Vic e deputada no Parlamento de Cataluña, Anna Erra, defendeu que as persoas falantes de catalán se dirixan nesta lingua ás que polo seu aspecto ou acento non aparenten falala, en referencia á campaña 'No em canviïs la Llengua' (Non me cambies a lingua) lanzada hai uns meses.

Fonte: La Vanguardia

Cataluña

Preséntanse os resultados dunha enquisa sobre usos lingüísticos no Campo de Tarragona

Segundo a Enquisa de usos lingüísticos da poboación no Campo de Tarragona, case o 95 % desta entende o catalán, o 82,4 % sabe falalo, o 87,8 % é quen de lelo e o 68,1 %, de escribilo.

Fonte: Generalitat de Catalunya

Cataluña

Búscanse participantes para a nova campaña publicitaria do Voluntariado pola Lingua de Cataluña

O Voluntariado pola Lingua busca participantes reais no programa para que protagonicen a súa nova campaña publicitaria.

Fonte: Generalitat de Catalunya

Cataluña

Ponse en marcha unha campaña para dar a coñecer o punto voado, un signo emblemático do catalán

Co gallo da celebración o 24 de xaneiro do Día do Punto Voado (Dia del Punt Volat), ponse en marcha unha campaña para dar a coñecer este signo emblemático do catalán co obxectivo de que a organización internacional Unicode o inclúa na súa páxina de signos patrocinados.

Fonte: Generalitat de Catalunya

Cataluña

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder