Cataluña
Un convenio permitirá a elaboración dun dicionario dedicado á terminoloxía parlamentaria en Cataluña

O Parlamento de Cataluña, o Departamento de Acción Exterior e o TERMCAT asinaron un convenio que permitirá a elaboración dun dicionario terminolóxico da actividade parlamentaria. Está previsto que conte cunha versión en papel e outra en liña e que conteña arredor de 400 termos en catalán acompañados de definicións, notas explicativas e equivalencias en castelán, occitano, francés e inglés.
Fonte: Generalitat de Catalunya
O Termcat publica en liña o seu Dicionario de comunicación empresarial
Este dicionario, que ata o momento só estaba dispoñible na súa versión impresa, contén 2484 entradas relacionadas coa comunicación empresarial que se presentan en catalán coa súa tradución en castelán e inglés e, nalgúns casos, francés.
Fonte: Generalitat de Catalunya
O Servizo Local de Catalán de Rubí impulsa unha nova edición do seu voluntariado lingüístico
Esta iniciativa emparella participantes para que poidan axudarse na aprendizaxe do catalán a través de reunións periódicas para conversar, realizar actividades de ocio e outras que poidan ser do seu interese.
Fonte: El Periódico
A Generalitat de Cataluña estrea unha área de descarga de contidos para medios de comunicación na web Lingua Catalá

A web de Lingua Catalá renóvase e pon a disposición de medios de comunicación e empresas novos materiais gráficos e audiovisuais de difusión de campañas de Política Lingüística para a súa libre descarga.
Fonte: Generalitat de Catalunya
O uso do catalán nos xulgados descende nove puntos en dez anos

O Consello da Avogacía Catalá celebra unhas xornadas sobre o uso do catalán na Xustiza ante a preocupación polo descenso no número de sentenzas nesta lingua, un 7,7 % en 2018, polo que solicita apoio da xudicatura para asegurar os dereitos lingüísticos da cidadanía.
Fonte: Abogacía
Preséntanse no Parlamento de Cataluña as principais liñas do Goberno catalán en materia de fomento do aranés
A conselleira de Cultura do Goberno catalán explicou as principais liñas da política lingüística con respecto ao aranés, unha lingua que se compromete a impulsar e defender.
Fonte: Generalitat de Catalunya
O TERMCAT pon a disposición dos seus usuarios unha nova norma UNE en catalán
Esta norma UNE, do ano 2008, fai referencia ao vocabulario empregado na industria gráfica e inclúe 82 novos termos que xa se atopan normalizados polo Consello Supervisor do TERMCAT.
Fonte: Generalitat de Catalunya
O festival internacional de curtametraxes de Badalona proxectará 121 curtas en catalán

FILMETS Badalona, o festival de cuartas de ficción, animación, documentais e efectos visuais, contará con 111 curtametraxes en versión orixinal subtitulada ao catalán e 10 orixinais nesta lingua.
Fonte: Generalitat de Catalunya
O Termcat elabora a versión en catalán de dúas novas normas UNE-ISO
Trátase neste caso de dúas normas técnicas relativas á adecuación dos procedementos e das actuacións dunha organización á normativa en vigor e establecen os requisitos para poder implantar e manter un sistema de xestión dos riscos legais nas empresas.
Fonte: Generalitat de Catalunya
Publícanse máis de 500 novos termos en catalán
O Diario Oficial da Generalitat de Cataluña publicou 510 novos termos relacionados cos campos da informática, dos sistemas de información, da meteoroloxía, da empresa etc., normalizados polo Consello Supervisor do Termcat.
Fonte: Generalitat de Catalunya
Boletín
Subscríbase ao boletín