Cataluña
Nace Malaia, unha canle de contidos para as redes sociais en catalán

Malaia.cat é unha canle que ten como obxectivo incentivar a produción en catalán nas redes sociais como Tik Tok, YouTube, Instagram etc, sobre todo, entre a xente nova, principal usuaria deste tipo de ferramentas.
Fonte: Generalitat de Catalunya
Unha nova ferramenta interactiva permitirá que a cidadanía lle faga chegar propostas terminolóxicas ao Termcat

O Termcat ofrece unha nova ferramenta para que calquera persoa interesada poida facerlle chegar propostas terminolóxicas de forma sinxela e rápida a través dun cuestionario en liña que contén quince preguntas.
Fonte: Generalitat de Catalunya
A Generalitat de Cataluña promove a lingua catalá en proxectos europeos de investigación
Varios proxectos europeos de investigación en materia sociolingüística e relacionados co tecnoloxías da lingua reciben o apoio da Dirección Xeral de Política Lingüística da Generalitat de Cataluña.
Fonte: Generalitat de Catalunya
A Generalitat de Cataluña impulsa a dobraxe e os subtítulos en catalán

O Departamento de Cultura destinará unha dotación orzamentaria dun millón de euros á convocatoria de axudas para promover a dobraxe e os subtítulos en catalán de series e películas en plataformas de vídeo, Blu-ray e DVD, dirixidas a empresas distribuidoras e a estudios de dobraxe.
Fonte: La Vanguardia
Ponse en marcha unha campaña para reivindicar a oficialidade do catalán na Unión Europea
Plataforma per la Llengua puxo en marcha unha campaña para reivindicar a oficialidade do catalán na Unión Europea. Para facer visible esta reivindicación, a organización pide a redacción de mensaxes en Twitter con contido relacionado coa defensa dos dereitos lingüísticos cos cancelos #NoOfficialNoExist e #DiadEuropa".
Fonte: E-Notícies
As entidades vinculadas ao fomento da lingua catalá ven na crise da COVID-19 unha oportunidade para o tránsito ao formato dixital
A conselleira de Cultura da Generalitat mantivo unha reunión telemática con representantes das entidades relacionadas co fomento da lingua catalá na que estas expresaron a súa visión sobre a situación que están a vivir pola crise provocada pola COVID-19.
Fonte: Generalitat de Catalunya
O Goberno de Cataluña comprométese a mellorar a incorporación da lingua de signos catalá nas comunicacións coa Administración
A conselleira de Cultura mantivo unha reunión telemática con representantes da Federación de Persoas Xordas de Cataluña na que se comprometeu a ampliar a atención en lingua de signos catalá nas xestións coa Generalitat a través das novas tecnoloxías.
Fonte: La Vanguardia
Aula Mestra, espazo virtual para o ensino e a aprendizaxe de catalán, incrementa o seu número de usuarios na etapa de confinamento

O espazo virtual de aprendizaxe e ensino da lingua catalá Aula Mestra, destinado a docentes e estudantes de todo o mundo, aumentou notablemente a súa actividade no período de confinamento, con 113 novos cursos, que alcanzan así a cifra de 229, e 1000 usuarios máis que se suman aos 30 000 que xa tiña.
Fonte: Generalitat de Catalunya
Amplíase a consulta en liña de obras do Centro de Documentación da Dirección Xeral de Política Lingüística da Generalitat de Cataluña
O Departamento de Cultura adaptou a web do Centro de Documentación para facilitar a consulta en liña de obras de carácter sociolingüístico, así como outros recursos como artigos, revistas sobre lingua, noticias lingüísticas etc.
Fonte: Generalitat de Catalunya
Comezan as emisións de Teve.cat, unha nova canle de televisión en catalán

O pasado luns 27 abril comezaron as emisións de Teve.cat, unha nova canle de televisión que mestura entretemento, debate e actualidade e que emitirá en lingua catalá.
Fonte: InfoPeriodistas
Boletín
Subscríbase ao boletín