Cataluña

Publícase en catalán a revista trimestral de divulgación cultural da Unesco

O Correo da Unesco é unha revista trimestral que se publica nas seis linguas oficiais da organización (castelán, inglés, francés, ruso, chinés e árabe), ademais de portugués, coreano e esperanto, e agora tamén en catalán.

Fonte: Generalitat de Catalunya

Cataluña

Segundo un informe, a Generalitat de Cataluña marxina o castelán

Societat Civil Catalana presentou un informe sobre a convivencia lingüística en Cataluña, que conclúe que existe por parte da Generalitat unha desigualdade de trato cos castelanfalantes e que a cultura en español está marxinada, mentres que consideran que a Administración é practicamente bilingüe.  

Fonte: El Punt Avui

Cataluña

TVE prepara unha programación especial en catalán para Cataluña

A canle pública ten previsto lanzar en setembro para Cataluña unha programación específica en catalán a través de La 2. Os plans de TVE recollen ata seis estreas de novos programas e fichaxes especiais como o da xornalista catalá Gemma Nierga.

Fonte: VerTele

Cataluña

A Generalitat de Cataluña renova con Movistar+ o convenio para incrementar os contidos en catalán nesta plataforma

O Departamento de Cultura renovou o convenio con Movistar+ que ten como obxectivo aumentar a oferta de contidos audiovisuais subtitulados en catalán e fomentar entre a poboación o hábito de velos en versión orixinal con subtítulos nesta lingua.

Fonte: La Vanguardia

Cataluña

Atlàntida Film Fest proxectará 15 longametraxes en versión orixinal subtitulada en catalán

A décima edición do Atlàntida Film Fest contará con sesións presenciais en Palma e en Barcelona. Neste festival poderanse ver quince longametraxes en versión orixinal subtitulada en catalán.

Fonte: Generalitat de Catalunya

Cataluña

Un novo xogo interactivo ofrece alternativas en catalán a préstamos innecesarios

A Dirección Xeral de Política Lingüística, en colaboración co Termcat, creou “Com ho diries en català?”, un xogo interactivo sobre préstamos innecesarios que ofrece formas catalás alternativas a expresións tomadas principalmente do inglés e do castelán.

Fonte: Generalitat de Catalunya

Cataluña

Tres organismos de diferentes variedades da lingua catalá asinan un acordo para crear un modelo normativo de lingua común

O presidente do Instituto de Estudos Cataláns (IEC), Joandomènec Ros, o presidente da Academia Valenciana da Lingua (AVL), Ramon Ferrer, e o reitor da Universidade das Illas Baleares, Llorenç Huguet, asinaron un acordo para crear un modelo normativo de lingua catalá que sexa unitario e respectuoso coa variación xeográfica do idioma.

Fonte: Generalitat de Catalunya 

Cataluña

Nace un portal de Youtube de profesorado que traballa en lingua catalá

O docente e activista cultural Pau Font impulsou Youtubers docents, o primeiro portal de Youtube que integra diferentes canles de profesorado que traballa en lingua catalá de varios territorios onde se fala este idioma.

Fonte: Generalitat de Catalunya 

Cataluña

A maioría das grandes cadeas de distribución alimentaria de Cataluña que traballan en liña venden os seus produtos en catalán

Segundo datos dun estudo realizado pola Dirección Xeral de Política Lingüística da Generalitat de Cataluña, o 78,9 % das grandes marcas de supermercados que traballan en liña, venden os seus produtos en catalán. Ademais, o estudo tamén revela que o 73,7 % das marcas que teñen sitio web ofrecen versión en catalán.

Fonte: Generalitat de Catalunya

Cataluña

Publícase a primeira guía turística en lingua de signos catalá

A Asociación de Artistas Xordos Unidos de Barcelona publicou Barcelona a les mans, a primeira guía turística en lingua de signos catalá. A publicación recibiu o apoio da Dirección Xeral de Política Lingüística e do Concello de Barcelona.

Fonte: Generalitat de Catalunya

Cataluña

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder