Cataluña
A Fundación Aspasim publica un videoclip para darlle visibilidade á lingua de signos catalá
A Fundación Aspasim publicou o videoclip "Cantem el Botó Màgic" en defensa da lingua de signos catalá no que participan máis de cen persoas, entre escolas, asociacións, familias e varios grupos musicais.
Fonte: La Vanguardia
Xa está dispoñible en liña o dicionario normativo de aranés
O dicionario normativo de aranés xa está dispoñible en liña. Conta cunhas 10 800 entradas, que incorporan a equivalencia catalá, 13 000 definicións, 1000 topónimos, 430 exemplos e 770 sinónimos.
Fonte: Generalitat de Catalunya
A norma ISO 17025 de laboratorios de ensaio e calibración xa está dispoñible en catalán
O TERMCAT elaborou a versión catalá da norma UNE-EN ISO/IEC 17025:2017 Requisitos xerais para a competencia dos laboratorios de ensaio e calibración, ao abeiro do acordo establecido coa Asociación Española de Normalización-UNE e o convenio asinado entre a Deputación de Barcelona e a Generalitat de Cataluña para impulsar o uso do catalán no ámbito empresarial.
Fonte: Generalitat de Catalunya
A Generalitat de Cataluña convoca una liña de axudas que busca fomentar o uso das linguas no ámbito universitario

As axudas Interlingua 2021, para as que a Generalitat destina unha partida de 611 779 euros, teñen como obxectivo impulsar proxectos que fomenten o uso das linguas no ámbito universitario, xa sexa catalán, occitano ou lingua de signos catalá, ou outras como o inglés.
Fonte: Generalitat de Catalunya
A publicación dixital en catalán VIA Empresa gaña o Premio Lingua Nacional
O diario dixital VIA Empresa, dedicado ao sector económico e empresarial e escrito en catalán, resultou gañador da terceira edición do Premio Lingua Nacional que outorga a Asociación Lingua Nacional e que conta co apoio da Generalitat de Cataluña.
Fonte: Generalitat de Catalunya
A aplicación Lacompra recibe o galardón á mellor xestión en lingua e comunicación nas TIC dos Premios E-TECH 2020
O Premio á mellor xestión en lingua e comunicación, unha das categorías dos Premios E-TECH 2020, foi para a empresa Interactiu, responsable de desenvolver a aplicación Lacompra, polo uso do catalán en todas as interaccións que ofrece esta ferramenta para a compra por internet.
Fonte: Generalitat de Catalunya
O Goberno de Cataluña aproba o Decreto que regula a toponimia en catalán e aranés
O novo Decreto de toponimia, que actualiza a normativa vixente ata agora, regula o establecemento e a revisión dos nomes de lugar, o uso dos topónimos cataláns e araneses, e tamén a Comisión de Toponimia.
Fonte: Generalitat de Catalunya
Preséntanse os resultados da Enquisa de usos lingüísticos 2018 da cidade de Barcelona

Segundo a Enquisa de usos lingüísticos 2018 a maioría da poboación barcelonesa maior de 14 anos entende (93,4 %), e sabe ler (85,3 %), falar (78,7 %) e escribir (60,6 %) en catalán. Estes datos mostran que, se ben a cidade de Barcelona se sitúa por debaixo da media catalá, está por riba con respecto á área metropolitana.
Fonte: Generalitat de Catalunya
O catalán xa está presente nas pantallas dos coches da marca Tesla

A compañía Tesla vai incluír o catalán nas pantallas dos seus coches, o que supón que por primeira vez unha marca automobilística incorpora de serie esta lingua. Porén, pode non ser a última, xa que a Dirección Xeral de Política Lingüística de Cataluña está en contacto con outras empresas de automoción para que engadan o catalán aos seus produtos.
Fonte: Generalitat de Catalunya
Actualízanse 200 termos en catalán relacionados coa farmacoloxía e a covid-19
O Termcat, en colaboración coa Sociedade do Dicionario Enciclopédico de Medicina e a Fundación Doutor Antoni Esteve, realizou unha revisión terminolóxica e unha actualización de 200 termos relacionados cos fármacos e coa covid-19.
Fonte: La Vanguardia
Boletín
Subscríbase ao boletín